Novembro 2020
Concurso ANPA: "Adornos de Nadal con materiais de reciclaxe"
Enviado por Anónimo o Lun, 30/11/2020 - 10:11A ANPA Aidón convoca un concurso de adornos de Nadal elaborados con materiais de reciclaxe. No arquivo adxunto pódense consultar as bases e toda a información necesaria para a participación.
Chef Mini: Biscoito de castañas (IV)
Enviado por josean o Sáb, 28/11/2020 - 19:58Ao noso programa de cociña seguen chegando distintos pratos, inda que repetidos, cada un ten o toque especial dos nosos Chefs Mini, neste caso o de Laura Arribas López de 6º
25 de novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller
Enviado por Anónimo o Xov, 26/11/2020 - 21:26Este ano para conmemorar esta data traballamos os días previos o conto de "Arturo e Clementina", unha parella de tartarugas que comezan a súa relación moi ilusionados, pero que co paso do tempo as cousas non son para Clementina coma ela esperaba.
Despois de traballado o conto, os nenos e nenas do CEP Sequelo quixeron axudar a Clemetina a realizar os seus soños, por iso enchemos o colexio de Clementinas moradas que o único que cargaban na súa coiraza foron os bos desexos do noso alumnado.
Se queredes volver ler o conto recordade que está no blog da biblioteca (http://bibliotecasequelo.blogspot.com/)
Que sabemos das Esponxas de Mar?
Enviado por josean o Dom, 22/11/2020 - 13:30Sara Fernández Blanco recopilou toda esta interesante información dun animal moi curioso, as esponxas de Mar.
Que sabemos das Baleas Francas?
Enviado por josean o Dom, 22/11/2020 - 12:23Pois de primeiras non moito, salvo que son mamíferos mariños moi grandes e non moito máis; pero os noso alumnos de 6º foron investigar e algo máis no camiño aprenderon.
Magosto 2020: "Receitas con castañas"
Enviado por Anónimo o Sáb, 21/11/2020 - 22:30Deixamos a recompilación de "Receitas con castañas" elaborada coa participación do alumnado de todos os cursos. Agora só queda probar a facelas. A ver quen se atreve e nos conta como lle saíron.
Veña! A que estades esperando?
IV Concurso de Relato Curto Marín Conta
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 21:51Tres dos catro da foto son alumnos do noso centro.
O Ateneo Santa Cecilia fixo entrega dos premios do 'IV Concurso de Relato Curto Marín Conta' por mor do día das Letras Galegas, nun acto condicionado polas medidas anticoronavirus. Os premiados do noso centro foron Breixo Vidal Salgueiro (primeiro premio), Carla Vilela Fernández (segundo) e Roberto Armada Aneiuros (accésit) que recolleron o agasallo e diploma acreditativo de mans do presidente da entidade Lois G. Dopazo.
Parabéns a todos!!
.
Chef Mini: Pastel de castañas
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 21:23Outro dos marabillosos e suculentos postres que a partir de castañas nos chegaron, desta vez é Breixo Vidal que nos prepara este pastel de castañas.
Chef Mini: Biscoito de castañas (III)
Enviado por josean o Sáb, 21/11/2020 - 20:03E como non podía haber dous sen tres, o terceiro biscoito de castañas fixérono Sara Vilela de 6º e María José Fernández, a súa nai, e como no caso dos outros dous, ábrelle a un o apetito.
Carta de Birlo no Día Universal do Neno
Enviado por Anónimo o Sáb, 21/11/2020 - 20:00Así de atentos estiveron os nenos e nenas, mentras os seus mestres lían a carta de agradecemento que Birlo lles escribiu con motivo do "Día Universal do Neno".
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »