Abril 2017
V Certame Relato Curto FANPA.
Enviado por Miguel o Mér, 19/04/2017 - 08:29Parabéns ao alumno de 5ºA de primaria Carlos de la Torre Aboal por ser finalista do V Certame de Relato Curto da FANPA, entre máis de 800 participantes. O seu relato xunto cos outros 119 finalistas será publicado nun libro da Editorial Kalandraka e recibirán un diploma. O 30 de maio saberase cales son os 5 mellores relatos e os gañadores. Moita sorte!
Admisión alumnado 2017/18.
Enviado por admin o Mar, 18/04/2017 - 17:46Están admitidos todos os alumnos que presentaron solicitude para o vindeiro curso escolar 2017/18. Lémbrase que antes do 15 de Maio estarán expostas as listas definitivas no taboleiro do centro; dispoñendo dun plazo de reclamación das mesmas.
Abalarmóbil.
Enviado por Miguel o Mar, 18/04/2017 - 16:53Deixamos aquí a información referente ao AbalarMóbil que xa está dispoñible no noso centro. Para os códigos QR, podedes descargar o lector de códigos gratuito QR Unitag. Así, ao escanear os códigos que aparecen nesta páxina, xa vos envía ás páxinas de descarga do Abalar Móbil ou as guías para o seu emprego. Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar no centro.
Multideporte "CEIP A Laxe" contra "CEP Sequelo".
Enviado por Miguel o Lun, 10/04/2017 - 15:06Como vos diciamos o outro día, aquí tedes as actividades de multideporte de pasado xoves co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP A Laxe e do CEP Sequelo. Disfrutade do vídeo.
Espectáculo musical de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz". Primeiro e segundo.
Enviado por Anónimo o Sáb, 08/04/2017 - 16:48Multideporte "CEIP A Laxe" contra "CEP Sequelo".
Enviado por Miguel o Xov, 06/04/2017 - 19:15Tomámoslle prestado aos compañeiros da Laxe un dos vídeos que fixeron onte nas xornadas de multideporte entre os dous centros. Onte tocoulle ao alumnado de 3º e 4º. Próximamente subiremos o de 5º e 6º que tamén participaron hoxe. Esperamos que vos guste.
O neno que perdeu a pelota!
Enviado por Miguel o Lun, 03/04/2017 - 10:06O alumnado de 2º de primaria representou para os seus compañeiros do colexio Sequelo a obriña de teatro "O neno que perdeu a pelota!"