Xuño 2016
IV CERTAME NO VERÁN, REFRÉSCATE CON LIBROS
Enviado por josean o Dom, 26/06/2016 - 20:44Entre os gañadores algúns dos nosos alumnos
II CERTAME DE VIDEO QUEREMOS GALEGO
Enviado por josean o Dom, 26/06/2016 - 19:24A pesar de todo o traballo acumulado sempre temos un buratiño para participar naquelas propostas que pagan a pena como o Concurso de Video de Queremos Galego Marin. Estes son os catro videos cos que os nosos alumnos participan
CASTELAO EN MARÍN
Enviado por josean o Xov, 23/06/2016 - 18:55Traballo preparatorio dos Nenos, á visita ao Cruceiro do Cantodarea, completado con fotos e debuxos da visita ao Cruceiro. Castelao fixoo a finais dos 20 e nos a finais dos 10; séculos diferentes e en localizacións diferentes, pois o cruceiro estaba daquela pretiño da Lonxa Vella.O traballo foi compartido entre distintos grupos e contamos sen eles sabelo coa colaboracion do blog Mogor Rías Baixas para parte do traballo que se centra na estadía de Castelao na localidade
O luns colocamos o boi diante dos carros, e aló que nos fomos a seguir as pegadas de Castelao por Marín, pegadas iso si incompletas, pois hai moito máis de Castelao pola contorna
SOMOS FALA
Enviado por josean o Mér, 22/06/2016 - 19:01Seguindo no noso proxecto ata o último día. Hoxe a mañá dentro do proxecto "Marín sabe a Mar" os rapaces foron a onde máis se sabe de peixe, á Praza de Abastos de Marín e largaron uns lances pola praza á captura do inmenso e rico léxico mariñeiro que inda conservamos na vila e que por falta de transmisión axeitada estase irremisiblemente perdendo. Preguntaron a quen máis sabe: os que de a cotío compran e por suposto, á que xente que fai do peixe o seu traballo. Topamos con moitos veciños, parientes e ata algún pai e nai, que nos souberon dar fé dos peixes de Marín: rabada, ollón, cazapa (pronunciese casapa)... E coma se dun Domund da lingua galega se tratara a todos aqueles que nos daban un nome repartiamoslles estas fermosas pegatinas de "Somos fala".
Non eramos moi ambiciosos, 100 pediamos e ás 100 chegamos
INAUGURACIÓN DO COMEDOR
Enviado por josean o Mar, 21/06/2016 - 19:55Coa presenza das autoridades locales inauguramos o noso comedor
SEGUINDO AS PEGADAS DE CASTELAO
Enviado por josean o Mar, 21/06/2016 - 18:55Fomos cara ao barrio mariñeiro por antonomasia de Marín e alí "Seguimos as pegadas de Castelao" para ir ver e debuxar o mesmo cruceiro que el incluiu na súa obra Cruces de Pedra da Galiza e que debuxou aló polos anos 20.
Moitos foron os que manifestaron as súas dúbidas respecto a este cruceiro que agora se atopa na capela de S, Jose do Cantodarea. Castelao describeo así: "A Virxe do Socorro ten un estadullo na man, para golpear ao demo que ten aos seus pés, que ergue un brazo armado cun fouciño intentando tirar abaixo a un neno que rube pola saia da señora, quen sostén na outra man ao neno Xesús". Todo isto foi o que viron e debuxaron os nenos.
Neste ano Castelao quixemos seguir as súas pegadas por Marín, porque en palabras de Chano Piñeiro: "Non hai mellor xeito de ser universal, que sendo galegos". Está ben coñecer aos demáis e ao mundo, pero primeiro coñecete a ti mesmo, e niso os galegos temos un déficit moi grande.
CONCURSO DE ADHESIVO CEIP ESPIÑEIRA ALDÁN
Enviado por josean o Mar, 21/06/2016 - 18:55Imos poñerlle cara á gañadora do concurso de Adhesivos que convocou ao centro irmán do CEIP Espiñeira de Aldán, ao que lle agradecemos moitisimo a súa colaboración todos estes anos. Ana Barrera Novás e o seu deseño
TALLER DE LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA
Enviado por josean o Lun, 20/06/2016 - 18:53Durante o terceiro trimestre a aula de 6º B, baixo a dirección dunha das nais dos rapaces, levou a cabo un taller de linguaxe cinematográfica centrado na técnica do stop motion do que estes dous videos son os primieros productos
CANTANDO A MANUEL MARÍA NA PRENSA
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2016 - 19:10Cando teñamos o video poñeremosvos a versión tan bonita que en tan pouco tempo, os rapaces e profesores de 5º cantaron no Ateneo Santa Cecilia, entrementres, a reseña de prensa do acto
CONCURSO DO IES MESTRE LANDÍN
Enviado por josean o Sáb, 18/06/2016 - 09:07Aixa Sanjorge de 6º B gañadora no concurso de esophías e Sergio Pazó de 6º A no de fotografía, onte no día do Instituto que organizaron os compañeiros do IES Mestre Landín.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »