Abril 2014

INTERCAMBIO DE MAIOS (II)

Por fin chegaron os de Aldán e viñan con reforzos. O ghaiteiriño de Aldán, José Fernández Canosa  recuperou o Cantar de Reis da súa parroquia e por suposto esta festa de maios que lembraba da súa nenez e que soubo transmitir, aos nenos da Espiñeira de Aldán co inestimable traballo do noso colexio irmán esta antiquisima tradición que xa é dos rapaces de Espiñeira.  Amosaronnos como se vestían de Maios e logo cantaron co acompañamento á gaita do Gaiteiriño, os seus maios

 

INTERCAMBIO CO COLE DE O HIO

Co Cole de O Hío andamos nun intercambio lingüístico, a través de diversas actividades ao redor da Expresión Oral e Escrita. Inda que vos pareza raro nestes tempos, a primeira actividade foi facer uso do vello medio de comunicación das cartas e aproveitando que O Hío queda pretiño de Aldán viñeron vernos cantar os maios e coñecernos

INTERCAMBIO DE MAIOS

 

No Ceip da Espiñeira de Aldán reunimonos tres centros: o propio Espiñeira, os rapaces do Hío e máis nos; e botamos peito con aquilo que mellor ca nós, non vai saber facer ninguén no resto do orbe mundial: cantar os maios de Marín. Amosamoslle cun maio de xoguetiño (co outro hai que facelo en fresco) todo o que aprendimos nestes dous anos sobre os nosos Maios... E logo, por suposto, fomos pedirlles os maios.

 

COUSAS DA CLASE E DO COLE

Os nenos e nenas de 2º e 1º definiron así algunhas cousas que se poden atopar na clase e no cole, como traballo de expresión oral dentro do Proxecto "40 Anos de Escola". Intentade averigualas. 

 

CANTANDO "O MAIO 2014"

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º un ano máis inventaron coplas e cantaron "O Maio

 

LETRA DO MAIO 2014

Coplas para cantar "O Maio" feitas polos nen@s de 4º, 5º e 6º.

 

PINGA TEATRO "HÉRCULES E GLORIA FUERTES"

Pinga Teatro estivo con nós o día 24 representando o conto de Hércules e Gloria Fuertes para os nenos do primeiro e segundo ciclo. Formando parte da celebración do Día do Libro.

Clicade enriba da foto para aceder a máis 

INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS DÍA DO LIBRO

Nalgún sitio da rede topamos o lema de pasada, gustounos, parecenos efectivo e para adiante; para o día do Libro no intercambio anual de marcapáxinas que temos cos rapaces do EEI O Grupo fixemos estes tan chulos.

CHARLA SOBRE OS MAIOS DE VILAFRANCA DO BIERZO

De cara a que coñezan en profundidade os porqués desta festa tan nosa e que tan diluída neses porqués chegou ata nós en Marín (sobre todo en canto ao simbolismo tan forte cas coplas tiñan e que os nosos maiores coñecían porque as mamaron), andivemos á procura dunha persoa da gran familia dos Maios de Galicia que coñecese e amase en profundidade a festa e fomos dar con Héctor Silveiro; compañeiro do CPR San Narciso, natural de Vilafranca do Bierzo que lle falou aos nenos do maios humanos da súa vila e amosoulles as orixes da mesma para un mellor entender a nosa propia tradición. Graciñas Héctor

SAÍDA DIDÁCTICA CMUS MANUEL QUIROGA

Nos concertos didácticos do  CMUS Manuel Quiroga os nenos do primeiro Ciclo asistiron á representación de West Side Story.

 

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.