Novembro 2012
Por que aos trompos tamén se lles chama buxainas?
Enviado por Miguel o Mér, 28/11/2012 - 17:44
Por que aos trompos tamén se lles chama buxainas?
Dende o Equipo de Normalización Lingüística (E.N.L.) do CEP Sequelo propoñemos resolver esta pregunta. Se ti non o sabes pregúntalle aos teus pais ou avós que eles seguro que o saben. Deixa a túa resposta nun papel co teu nome e curso no buzón que hai a carón da aula de informática. O venres día 30 de novembro entre todas as respostas acertadas elixiremos dúas que recibirán un pequeno agasallo. Tamén podes deixar en ''engadir novo comentario'' a túa resposta. Boa sorte a todos!
Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Enviado por Miguel o Mar, 27/11/2012 - 18:26O pasado venres, 23 de novembro de 2012, conmemoramos no noso centro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Montouse este mural co material que nos proporcionou o Concello de Marín e nas aulas os titores e alumnado leron un manifesto contra a violencia de xénero, recordando a lacra que esto supón para a nosa sociedade e recordando que a igualdade que hai entre os homes e as mulleres non só debe ser teórica , senón que debe ser levada á práctica.
Aquí tedes a lectura do manifesto por parte dos alumnos de 5ºB.
ADIVIÑA, ADIVIÑA O GATO VAI TRALA ESPIÑA
Enviado por josean o Mar, 27/11/2012 - 01:58Parecé mais difícil do que é. Polo visto, seica é sinxela, mais do que semella
Adiviña...
Enviado por inesduran o Mér, 21/11/2012 - 12:24
A resposta tan esperada é:
.............NADA ....... .....NADA ........ NADA
NADA
NADA NADA
NADA NADA
NADA NADA
Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto.
Enviado por Miguel o Xov, 15/11/2012 - 21:55O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.
Canción, poemas, adiviñas e lenda de Magosto
Enviado por Miguel o Xov, 15/11/2012 - 21:01O pasado venres 9 de novembro, celebramos o Magosto no CEP Sequelo. Este ano por mor das obras no centro non puidemos facer xogos e outras actividades no patio, pero si que puidemos comer as castañas que a ANPA asou para todos. De todas maneiras en cada aula se fixeron diferentes actividades para recordar o día. Aquí tendes o audio dalgunhas que se fixeron na aula de 5ºB. Agradecer tamén a colaboración da profe Marimar na canción que cantaron os rapaces e rapazas nangunhas aulas.
Xa temos operativa a aula de Informática con Ubuntu.
Enviado por Miguel o Xov, 15/11/2012 - 12:17Na aula de informática do CEP Sequelo, xa temos instalado o Ubuntu en todos os PC's. Dende que Windows aunciou a retirada para abril de 2014 do sistema operativo Windows XP, quedan as opcións de Windows 7 e o novo Windows 8. Con Ubuntu temos unha alternativa máis e con software libre, polo que pensamos que é unha boa opción para traballar con ela. A compañía cre que migrar a Linux será unha alternativa válida cara o futuro.
Visita de Alicia Borrás Sanjurjo ao CEP Sequelo de Marín
Enviado por Miguel o Mar, 13/11/2012 - 23:16Deitado frente ao mar
Enviado por josean o Mar, 13/11/2012 - 19:20Video realizado no obradoiro de animación Plástica As Barxas Alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato coordinados por Luz Beloso
Música escrita, gravada e producida no obradoiro Músicasbarxas
CONTOS E POEMAS DAS TEBRAS
Enviado por josean o Mar, 13/11/2012 - 04:38Os alumnos de 4º e 6º xuntaron forzas polo Samaín para gravar estes poemas e contos terroríficos polo Samaín. Como podedes ver e escoitar algunha forza escura actuou no video
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »