Abril 2012
PROXECTO LECTOR: Contacontos no Primeiro Ciclo
Enviado por josean o Dom, 29/04/2012 - 17:54Dentro do Proxecto Lector que estamos levando a cabo, cada certo tempo os alumnos do Primeiro Ciclo están realizando cos seus compañeiros, tanto mais pequenos como mais grandes, sesións de Contacontos. O venres foi o turno de Jonathan, Alberto e Antón, disfrutamos con eles destes dous marabillosos contos, porque non o esquezamos o primeiro de todo é que a lectura serve para pasar un bo rato.
Final de Xogos Populares
Enviado por Miguel o Mér, 25/04/2012 - 18:00Participarán os alumn@s de 6º
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO/XOGOS FLORAIS 2012
Enviado por josean o Mar, 24/04/2012 - 00:34Organizados conxuntamente pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística tiveron lugar onte os I Xogos Florais do Sequelo en lembranza dos orixinais que supuxeron a presenza de Celso Emilio Ferreiro en Marín. Estes son os poemas e debuxos galardonados
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012
Enviado por josean o Lun, 23/04/2012 - 23:26Como todolos anos, puntual á sua cita co día das letras galegas acude o Seminario Galán, un conxunto de colexios da Coruña que prepara cada una unha chea de información e actividades relacionadas co homenaxead@ o 17 de Maio.
As actividades están clasificadas por ciclos, e só tes que descarregalas na súa paxina, e van da mais clásica unidade didáctica para poder fotocopiar á actividades Edilim o JavaClic como a que che ofrecimos co Xabarín
XABALIM
Enviado por josean o Lun, 23/04/2012 - 22:36Unha actividade realizada a medias entre os dous colexios que colaboramos no Proxecto Xabarín 18: O EEI Monte da Guia de Teis e mailo Cep Sequelo de Marín. Podes xogar directamente dende aquí, inda que para algunha actividade necesitarás minimizar o Lim
Dámoslle a benvida a un novo Blog
Enviado por josean o Dom, 22/04/2012 - 17:02Os rapaces de 4º estrean un novo blog e dende a Central, dámoslle a benvida no seu navegar pola rede. Xa están colocados no menú correspondente ao Segundo Ciclo de Primaria
Non penso volver ver a TV - videoclip
Enviado por josean o Dom, 22/04/2012 - 14:35E por fin, Producións Mutantes colgou o video da canción Xabarín do 2011 (para nós , eh?) e SORPRESA!!!... algún se decata onde pode estar gravada? Roger de Flor e o Marques das Vinhas andiveron paseandose por...o lago de Castiñeiras
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO/ANO CELSO EMILIO FERREIRO
Enviado por josean o Sáb, 21/04/2012 - 09:12Co gallo do Centenario do Nacemento de Celso Emilio Ferreiro, e o que ten mais relación co noso pobo, o Cincuentenario da presenza do autor en Marín nuns Xogos Florais organizados pola A.C. Santa Cecilia; o Cep Sequelo convoca entre os seus alumnos uns Xogos Florais de poesía e debuxo (para o primeiro Ciclo), que a imitación daqueles que tanto nos seus apartados de lingua castelá como galega gañou o autor de Celanova, terán como tema "Marín e o mar"
A lectura dos poemas premiados, ademais do poema en galego do poeta que someramente reproducimos a continuación e da cantiga medieval de Nuno Treez sobre a Illa do Santo, terá lugar na Biblioteca do Colexio como acto de Celebración do día Internacional do Libro.
Marín de maruxía e veiramar prantada
ardendo no solpor de cada día.
Na ría verdegada co mar cercado de ondas,
Tambo, dorna varada....
(Celso Emilio Ferreiro)
Non penso volver a ver a Televisión
Enviado por josean o Xov, 19/04/2012 - 15:47Amablemente o gran Roger de Flor deunos permiso para poñer na paxina web dos dous colexios Xabarin 18 o tema que onte entrou a formar parte do Selecto Clube Xabarín, onte na festa do Xabarín 18. E non só entrou a formar parte, se non que para o meu gusto é das mellores cancións xabaríns da súa historia e a mellor con diferencia dos últimos anos do curricho.
Felicidades e grazas Roger
Debuxos do Xabarín Club.
Enviado por Miguel o Mér, 18/04/2012 - 18:29- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »