Marzo 2012
Día Mundial da Poesía 2012
Enviado por josean o Xov, 29/03/2012 - 21:11Coa chegada da Primavera o Sequelo encheuse de poesía por todolos recunchos, non pode ser menos nun espazo natural tan fermoso, arrodeado por ríos e co fondo dos montes do Morrazo. Dentro das aulas oironse versos de autores famosos e outros realizados coa sinxeleza e a mestría que so os nenos teñen. Como exemplos deixamosvos este enlace ao blog dos nenos de 2º
http://osghatosmisteriosos.blogspot.com.es/2012/03/dia-mundial-da-poesia.html e axiña vos poñeremos o enlace ao blog dos nenos de cuarto, onde poderedes ver os seus marabillosos traballos dese día.
Mentres tanto para que vaiades abrindo boca imos ao comezo da nosa poesía, as Cantigas de Amigo Medievais, nunha fermosisíma versión da cantante brasileira Socorro Lira sobre a famosa Cantiga de Mendiño situada na illa de San Simón, que a fin e ao cabo tamén son a orixe da poesía brasileira
São Simão - Socorro Lira - Cores do Atlântico from Casa de Tolos on Vimeo.
Construindo Poesía
Enviado por josean o Lun, 26/03/2012 - 19:11A través do amigo Galefas chéganos esta interesante guía metodolóxica realizada polos compañeiros do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, de como traballar a poesía en primaria.
SAÍDA DIDÁCTICA "A PANTASMA DO PALCO"
Enviado por josean o Lun, 26/03/2012 - 08:44Os alumnos do primeiro Ciclo de Primaria acudiron ao Centro Cultural Do Banco NovaCaixaGalicia á representación da obra didáctico-músical "A Pantasma do Palco" e non se conformaron con ser meros espectadores da obra, senón que foron copartícipes da mesma.
OS KINGS DO RAP
Enviado por josean o Mar, 20/03/2012 - 02:40Aquí tedes unha mostra do ben que soa o rap en galego. Tres rapeiros do noso centro compuxeron este tema. Sanye, Gabriel e Miguel, alumnos de 6º de primaria do CEP Sequelo de Marín. Estou seguro de que vos gustará moito. Ánimo e a seguir compoñendo e cantando en galego. Escoita o rap tamén se queres dende a páxina da nosa radio
Visita dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEP Sequelo ao Museo Marco de Vigo.
Enviado por Miguel o Lun, 19/03/2012 - 00:03
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEP Sequelo visitaron o Museo Marco de Vigo. A exposición 'Presenza Activa. Acción,obxecto e público'. Aquí tendes algunhas imaxes do que puideron disfrutar.
'Presenza Activa':
A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción.
FUNDACIÓN CELSO EMILIO
Enviado por josean o Dom, 18/03/2012 - 18:51A fundación Celso Emilio tivo o detalle para co noso colexio de enlazar un dos nosos modestos traballos na súa sección de novas. Polo que dende aquí lle damo-las grazas
Podedesnos ver na paxina web da fundación aquí
Xesús "O Maestro". As Parábolas
Enviado por inesduran o Xov, 15/03/2012 - 23:21Neste trimestre estamos falando na clase de Relixión Católica das parábolas do Maestro.
Para que podades recordar este tema que a algúns tanto gustou, aquí os deixo as máis coñecidas.
e agora a Biblia continua...
Campaña "Nos tamén creamos"
Enviado por josean o Mér, 07/03/2012 - 10:35Dentro da campaña organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Editorial OQO, "Nos tamén creamos"; o noso colexio foi un dos 50 centros elixidos en Galicia para o desenrolo desta actividade que supon a realización dunha curta en StopMotion a partir dun libro publicado pola Editorial.