Febreiro 2012
Impresos de solicitude admisión do alumnado
A partir do 1 de Marzo pódese entregar en Secretaría os impresos cubertos para a admisión do novo alumnado para o curso 2012-2013, unha vez descargados desta páxina ou ben pasar polo centro.
ENTROIDO 2012
Enviado por josean o Mar, 21/02/2012 - 22:45No "Sambódromo" do Sequelo houbo de todo un pouco; música, disfraces, paparotas (sería imposible enumeralas todas), pero houbo sobre todo moita diversión, na compaña de pais, avós e demais membros da Comunidade Escolar do Sequelo que quixeron compartir con nós unha tarde de Entroido. E alí preto de Río (non o de Xaneiro) inda que río tamén cho é, cantamos e bailamos e como vós dicíades pasámolo moi.... pero que moi ben!!!!
O Homo Antroido Galaico Orientalis
Enviado por josean o Lun, 20/02/2012 - 20:05Moitos miles de anos de involución nos contemplan ata chegar ao Homo Antroido Galaico-Orientais.
VALENTIN PAZ ANDRADE: BIOGRAFÍA E ANTOLOXÍA
Enviado por josean o Dom, 19/02/2012 - 21:13Xa nos tardaban en aparecer libros adicados a Valentin Paz Andrade co gallo da súa eleción como autor homenaxeado polo día das Letras Galegas. Así Xerais vén de editar, a través da sua colección orientada ao público máis novo, Merlín, unha biografía do homenaxeado deste ano.. A vida e deste avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta, xornalista… contada de forma amena… pero detallada. O libro ademais completase cunha antoloxía da súa obra poética.
ROCK EN GALEGO
Enviado por josean o Sáb, 18/02/2012 - 18:34Rock en galego, e con MAIUSCULAS. os compañeiros do CEIP de Seixo fixeron este marabilloso e divertido video. Se co pouco tempo que se ten este ano para facer este tipo de actividades tan motivadoras e que vivencian o uso do Galego en todolos ámbitos, neste caso o rock and roll, fixeron isto que farían de dispoñer dese tempo. Felicidades!!
Como dirían os AC/DC "Galician language is cool"
Xota de Folgoso -Cerdedo-
Enviado por josean o Lun, 13/02/2012 - 23:50Inda que pareza que estamos na casa, non saímos da India. Estes rapaces da escola María Soliña de Pubai fan unha versión tan estupenda da Xota de Folgoso que non poido menos que afirmar que poucos nenos nativos de onde esta xota surxiu serían capaces de recreala coa mesma mestria . Escoitadeos porque paga a pena ver o respecto que estes nenos tan distantes de nos manifestan pola nosa cultura.
A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.
Entroido no Sequelo.
Enviado por Miguel o Lun, 13/02/2012 - 20:47Entroido 2012. VIII Obradoiro da filloa. Ás 09:00h., exposisión de doces de entroido. Ás 10:00h. visita dos alumnos do centro á mostra de postres e lambetadas. Ás 13:00h. visita dos familiares á exposición de doces de entroido. Ás 16:00h apertura do VIII festival da Filloa, desfile de disfraces, entrega de premios, baile de disfraces e degustación das filloas e postres aportados polas familias. Sobre ás 18:30 h. clausura do festival.