Xaneiro 2012
Estou Aquí
Enviado por josean o Lun, 30/01/2012 - 22:49Un fermoso video que topamos nun blogue dun colexio da Illa de Madeira e que nos ofrece unha visión da soedade que con moita frecuencia os nenos autistas experimentan.
EU QUERO APENAS
Enviado por josean o Lun, 30/01/2012 - 09:22Co gallo do día da Paz eliximos para este ano esta fermosa canción do músico brasileiro Roberto Carlos, que cunha mínima adaptación á nosa lingua cantaremos para festexar a Paz, no día en que o Mahatma Ghandi foi asasinado.
A POMBA DONA PAZ
Enviado por josean o Lun, 30/01/2012 - 09:18Charla: "As Enerxías"
Enviado por josean o Dom, 29/01/2012 - 18:04Na Biblioteca do Centro, o pasado día 27 asistimos a unha charla sobre as enerxías renovables. Primeiro tratouse da clasificación das enerxías e de como a partir da natureza temos as ENERXÍAS PRIMARIAS: RENOVABLES e NON RENOVABLES, e as ENERXÍAS SECUNDARIAS ou de CONSUMO. Logo reflexionamos sobre a eficiencia enerxética e en como gastamos nós a enerxía.
Saída Didáctica NovaCaixaGalicia: "O elixir do Amor"
Enviado por josean o Dom, 29/01/2012 - 17:39Os alumnos de 5º e 6º de Primaria acudiron a Pontevedra sairon a presenciar a ópera adapatada para nenos titulada "O elixir do amor" enmarcada dentro das Actividades para escolares do NovaGalicia Banco.
'Música popular galega' en Pontevedra, ás 12:00h.
Enviado por Miguel o Ven, 27/01/2012 - 16:46Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria do Sequelo asistirán á actividade 'Música popular galega' no Auditorio Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra sobre as 12:00h.
Visita do coro do Sequelo ao O Grupo
Enviado por inesduran o Mér, 25/01/2012 - 10:32Aquí tedes o vídeo do coro felicitando ás festas ós nosos compañeiros do Grupo.
Os Reis Magos no Sequelo
Enviado por josean o Mar, 24/01/2012 - 23:57Tardaron en aparecer nesta páxina, mais mellor tarde que nunca, e grazas ao traballo da nosa AMPA os Magos de Oriente visitaron a nenos, pais.....e por suposto mestres. Sacamonos unhas fotos con eles, pasamos un bo rato; o do ouro, a prata e o incienso non se lle viu moito, disque este ano a crise tamén lles chegou e para darlles de comer aos camelos e poder chegar ao Sequelo seica tiveron que empeñalos; mais o importante foi o bo rato que nos fixeron pasar aos pequenos e aos non tan pequenos
PARCELAS A CARÓN DO PAVILLÓN
Enviado por josean o Sáb, 21/01/2012 - 21:53O 5 de Xaneiro cal Reis Magos que se precen, o Concello de Marín, agasallou á Comunidade Educativa do CEP Sequelo con dúas leiras, pequenas, pero leiras ao fin e ao cabo. Todo foi debido ao bo labor e á dilixencia dos compoñentes da nosa asociación de pais e nais "Andión" á hora de escrebirlle a carta aos "Reis Magos". Un par de parcelas destinadas a actividades de caracter didáctico e ás que, tanto o Anpa coma o Colexio, esperamos sacarlle bo fruto, ou o que teñan a ben dar ambalas dúas.
Noraboa á nosa AMPA que outra vez mais se apunta un tanto na sua tarefa cotián en prol do colexio de todos.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »