Decembro 2011
Instrumentos tradicionais do Nadal
Enviado por josean o Mér, 28/12/2011 - 19:40
Os rapaces quedaron coa boca aberta cando moitos deles viron por primeira vez i en exclusivo directo unha zambomba, e miuda ela...E xa non vos digo nada cando a oíron sonar dans mans expertas da profe MariMar. Xa vedes que no noso colexio o Nadal vai ao grande, nenos, mestres e pais; todos participaron activamente nestas festas
Os Reises do Kikirikí
Enviado por josean o Mér, 28/12/2011 - 19:14
Cunhas estrofas aprendidas dos nosos maiores, unhas melodías aprendidas dos Chichisos e Muxicas, e mais algunhas letras de propia colleita, os nenos de 2º saíron cantar os Reises polas aulas do colexio. A actividade é ben certo que non é orixinal nosa, que lla vimos a outro colexio de Galicia, pero como todo aquilo que é bo merece a pena ser adaptado é reproducido..."todo o que cae na rede é peixe". O que intentamos foi reproducir o ambiente que se vivía no noso pobo fai moitos, moitos anos cando os nosos avós saían polas rúas de Marín pedir o aguinaldo i é ben certo que aos pequenos algo tamén lle caiu.
PONTE NAS ONDAS
Enviado por josean o Mér, 28/12/2011 - 16:54
PONTE...NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galicia ( España ) e do norte de Portugal, coa participación doutros centros educativos doutros países.
Trátase dunha xornada que se iniciou coa emisión de 12 horas de programación radiofónica realizadas integramente por alumnos galegos e portugueses. Xa desde o ano 2003 chegou ás 24 horas de emisión con programas producidos por máis de 50 centros educativos. Estudantes de primaria, secundaria e ( desde a IX edición ) da Universidade, emiten programas de radio ( nas últimas edicións tamén de televisión por Internet ) elaborados por eles mesmos, en directo e en formatos moi diversos: concursos, variedades, música, entrevistas, conexións en directo entre diferentes estudos, etc. Aínda que o galego e o portugués son as linguas comúns da emisión, coa participaición de centros de Arxentina, Cuba, Chile e Colombia, o castelán tamén se incorporou á experiencia. Durante a xornada de comunicación os nenos e nenas dos todos os países participantes seguen a programación e participan activamente nela.
Bo Nadal dende o EEI Virxe do Carme
Enviado por josean o Ven, 23/12/2011 - 22:23
Dentro do plan de Normalización que estamos levando a cabo, intercambiamos felicitacións de Nadal cos centros de Infantil que tiñamos preto de nos como é o caso, desta vez do EEI Virxe do Carme. Aos nenos do primeiro Ciclo fixolles especial ilusión volver ter contacto cos compañeiros e mestres de anos anteriores, e fruto deste traballo foron postais tan fermosas coma estas.
Charla: Lesión Cerebral Traumática
Enviado por josean o Ven, 23/12/2011 - 12:16
O pasado 2 de Decembro recibimos no colexio a visita dun psicólogo que lles falou aos rapaces sobre as consecuencias e como convivir cunha lesión cerebral causada por un accidente. Posto que no colexio temos un rapaz que sufriu unha lesión deste tipo pareciunos do mais interesante que toda a nosa Comunidade Educativa coñecese mais de preto esta realidade. Para todos os que non poidemos asistir á charla queda a testemuña videografica na nosa páxina.
Festival de Nadal
Enviado por Miguel o Mar, 20/12/2011 - 20:16O martes 21 de decembro de 2011, celébrase o festival de Nadal do CEP Sequelo que comezará ás 12:30 horas no pavillón do colexio. Antes, sobre as 09:15 horas, teremos a visita das 'Súas Maxestades' os Reis Magos de Oriente.
Radio Sequelo. 1ª Emisión. Nadal 2011.
Enviado por Miguel o Mar, 20/12/2011 - 15:10
Con esta panxoliña de 2ºA , presentada por Joaquín de 6ºB ao que se engadiron os seus compañeiros e compañeiras de curso para felicitarnos o Nadal, inauguramos a radio do CEP Sequelo. Espero que vos guste a todos. Feliz Nadal!
1:11 minutes (1.09 MB)
NADAL 2011 CEP SEQUELO
Enviado por josean o Lun, 19/12/2011 - 22:10E se primeiro foi a programación cultural do Concello de Pontevedra, logo o do noso pobo, desta vez toca o do noso colexio e neste pequeno programa de man, con postal de Nadal engadida coa que queremos felicitar ás familias de todos os que compoñemos a Comunidade escolar do CEP Sequelo, detallamos as actividades que imos realizar nestes días
Vive o Nadal coa túa xente
Enviado por josean o Lun, 19/12/2011 - 21:52En canto nos fixemos cun pdf das actividades que o Concello de Marín ten programadas para estas festas do Nadal xa vedes que non tardamos nada en poñelo á vosa disposición.
Un soño na bandexa
Enviado por josean o Lun, 19/12/2011 - 21:36Esta mañán os nenos de 1º estiveron acompañados de Mariné Lorenzo Corcoba e o seu libro "Un soño na bandexa", libro que está doado a Asociación Contra o Cancro. Mariñé encheu un libro de bos e dulces desexos e os nenos de primeiro encheron tamén a súa propia bandexa.