Outubro 2011

Libertade de elexir, pero...

Un vídeo elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. UNHA IMAXE MAIS CA MIL PALABRAS

Irmaus - Celso Emilio Ferreiro

O ano 2012 vai ser sen dúbida o ano Celso Emilio e nos pensando en poder utilizalo no día da paz deixamosvos este fermoso poema que musicaron  vai unha porrada de anos os "Fuxan os Ventos"

O que canta o Samaín espanta

Os compañeiros do Ceip Mestre Goldar xa fai tempo fixeron esta adaptación ao video do tema de Mamá Cabra "Samaín"

E para espantar o medo que mellor que cantar.

Samaín: a noite dos Calacús

Dende a páxina "Vieiros da Escola" chéganos este interesante artigo sobre a festa do Samaín.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense..etc.

DOMUND 2011

En la jornada del DOMUND de este año 2011 en nuestro cole,

hemos recaudado entre todos los compañeros la cantidad de:

....................................................280 euros ..............................................................................

Este dinero que habéis aportado a las misiones, lo he llevado a la parroquia de Santa María del Puerto y el párroco Don José se encargará de hacerlo llegar a las oficinas de OMP.

........................................OMP. (obras misionales pontificias).......................................

 ----------------------------------Muchas Gracias------------------------------------

 

A Escola das Areas

Nunha viaxe a Pontevedra Frei Martín Sarmiento discute cun mestre  do século XVIII sobre como ensinar.  Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.Esta curta de animación con plastilina é ademais un bo documento do tipo de escola que tiveron que sufrir os nosos antergos.

 "A Língua Animada" é unha serie de animación con plastilina destinada a promocionar a cultura galega, baseándose en textos de autores galegos homenaxeados no "Día Das Letras Galegas".

The skeleton dance

Chega o Halloween e os esqueletes saen dos seus cadaleitos para mover os osos.

 

VALENTÍN PAZ ANDRADE - LETRAS GALEGAS 2011

Valentín Paz Andrade naceu en Pontevedra no ano 1898 e morreu en Vigo en 1987. Estudiou Bacharelato en Pontevedra e posteriormente Dereito en Santiago. Ó remata-los seus estudios dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte. En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixi-la revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.