EDLG
O Maio das flores
Enviado por inesduran o Ven, 28/04/2023 - 19:01
CHEGOU O MAIO
este venres o noso colexio ulía a primavera.
Dende primeira hora da mañá fomos saíndo ao patio por cursos
para coser as flores do noso maio pequeniño.
Segue os enlaces para ver o vídeo
Coa a experiencia dos nosos profes e dos alumnos maiores,
o noso maio quedou así de bonito.
Outro ano máis a tradición volve facer protagonista á primavera,
coas melodías dos nosos nenos cantándolle ao Maio.
Podedes ler as coplas do Maio e da embarcación Xiana
A clase de 3º tamén ensaiou e cantou as súas coplas
para lle dar a benvida ao maio florido
TeleSequelo do Primeiro de Abril
Enviado por josean o Xov, 20/04/2023 - 15:42April´s fool day, Erster April, Poisson davril....moitos nomes, en toda Europa é co que se coñece ao que en Marín, os nosos devanceiros, coñecían coma "O primeiro de Abril van os burros onde non deben de ir", o día por excelencia das bromas, un día na nosa tradición que como moitos outros foi froito dunha substitución. Para nos celebralo, e grazas aos Poliños Creativos de 6º, editamos este Telexornal Local, cheo de Fake News.
Chroma (que debería ser máis grande), focos, cámara de video Panasonic.... Sacando músculo e dándolle uso ao material dos Polos.
Coplas de Maio 2023
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 22:09A partir dunha estruturación moi tradicional das coplas de maio, en versos de 6 sílabas, o alumnado de 5º e 6º creou está enchente de coplas, que amosan o que aprendeu sobre a celebración estes días.
Kopa Deportes nº 6
Enviado por josean o Mar, 18/04/2023 - 22:01Neste sexto programa de KopaDeportes, o programa deportivo do Sequelo, entrevistamos a Aylen e Iria, alumnas de sexto, que practican case "profesionalmente" o fútbol.
Kopa Deporte nº 4
Enviado por josean o Lun, 17/04/2023 - 00:00Neste programa do noso programa deportivo, temos de invitada a Gloria Núñez, que nós vén falar das súas experiencias dentro dun deporte menos coñecido que os de moitos outros invitados, a ximnasia rítmica.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Enviado por Anónimo o Xov, 16/03/2023 - 23:42Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza
Bizarrap Sequelo Music Session 54 "Atún con pan"
Enviado por josean o Mér, 01/03/2023 - 20:02O desafío era a partir dunha base rítmica de Reggaeton e dunha certa coñecida sesión de Bizarrap, traballar as antíteses e traballáronas arreo, e polo camiño caeu algunha aliteración. Utilizando certos tópicos do estilo como o uso dun inglés macarrónico que rebautizaron como Galenglish, construíron esta canción. Polo camiño e sen querer tamén se decataron de que fixeran unha aliteración. Figuras literarias no reggaeton e grazas ao profe Marcos, atún con pan A letra foi un traballo de toda a clase e a interpretación de Amir e Gomis.
Kopa Deportes nº 3
Enviado por josean o Lun, 27/02/2023 - 21:24Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.
Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 22/02/2023 - 18:15Celebramos o Entroido 2023 facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Obradoiro de filloas. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2023 - 22:11Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
"Velorio da Sardiña" na Biblioteca. Entroido 2023
Enviado por Anónimo o Mér, 15/02/2023 - 00:00O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.
Kopa Deportes Programa 2
Enviado por josean o Mar, 14/02/2023 - 17:38Segundo programa Deportivo da Radio Sequelo onde Amir de 6º fai un pequeno resumo do partido de Champions PSG - Bayern.
Kopa Deportes
Enviado por josean o Lun, 13/02/2023 - 15:38Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio. Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña. ESCOITA XA!!
Poemas de Paz
Enviado por josean o Xov, 09/02/2023 - 23:52Os alumnos de 6º por mor do día da paz recitan varios poemas de Celso Emilio Ferreiro e máis un texto que eles mesmos construíron a partir do proxecto da auga no que se atopan envoltos.
Día da Paz 2023.
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/02/2023 - 18:28Despois das actividades realizadas nas aulas os días previos, e expostas polos corredores; o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso", e o lema:
"Se ti sorrís o mundo sorrirá"
Radio Paz 2023
Enviado por josean o Mér, 01/02/2023 - 22:23Por mor do día da Paz os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un claro exemplo.
Moi agradecidos aos profes Moisés e Alba polo seu traballo cos nenos.
Un novo Aguinaldo
Enviado por josean o Ven, 20/01/2023 - 00:02As conexións entre Portugal e Galicia, malia case 1000 anos de separación, son claras e fortes, especialmente no eido máis tradicional. E é que na procura delas topamos con esta Janeira que o Agrupamento de Escolas Afonso de Paiva de Castelo Branco, utilizaba en Xaneiro do 2022 para felicitar as festas.
O retrouso chamounos moito a atención porque en si non deixa de ser a canción popular de Marín "Os de Marín".
A partir desta Xaneira e doutras moitas de Portugal, e a través dunha estrutura común a xaneiras portuguesas, e maios e aguinaldos galegos, na clase de 6º crearon un aguinaldo novo, como se fixo dende que o mundo é mundo no eido tradicional, reelaborando o vello para darlle nova vida.
A Noitiña de Nadal
Enviado por josean o Xov, 19/01/2023 - 23:42Hai tempo recollerase este Nadal en Marín, un Nadal cuxa letra é un romance moi coñecido en toda Galicia, pero que en Marín adquiriu unha melodía propia. Un Nadal que se cantaba nas casas de Marín, pero que xa case ninguén coñece e dicimos case ninguén, porque Adriana Cambeiro de 3º si; na súa casa transmitírase de pais a fillos.
Adriana como sabía cantalo, enseñoullo aos de 6º que se botaron a cantalo, con algunha cousiña máis dos cantos de Reis que lles gustou.
Felicitamos as festas
Enviado por josean o Mar, 03/01/2023 - 16:14Felicitamos as festas a quen o merece, aos nosos maiores, logo de toda unha vida facendo que as nosas festas estivesen cheas de felicidade, agora é a nosa quenda para devolver inda que sexa un anaquiño e durante un intre moi pequeno.
Non é a primeira vez que o noso centro colabora en distintas actividades co centro Sociocomunitario, participando na súa festa de Nadal ou nos maios. O seu coro ten acudido repetidamente ao noso centro e o noso ao deles. Bo Nadal aos que o merecen!!
Festa de Nadal 2022
Enviado por Anónimo o Xov, 29/12/2022 - 10:36Así rematamos o primeiro trimestre do curso:
Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".
Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.
Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.
Boas festas a todos!!!
Vémonos no 2023!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »