Educación Infantil
Entrevista aos de Infantil
Enviado por josean o Mér, 17/05/2023 - 18:25Por primeira vez os de 4º de Primaria e os de Infantil, baixo a dirección das súas profes, Alba e Andrea atrevéronse a fedellar coa nosa radio escolar e os resultados foron simpáticos, pero ao mesmo tempo moi profesionais, nunha entrevista onde os máis pequenos entre outras cousas contannos como vén o noso centro. Ben feito rapaces e profes!!
Xogando, cantando e tocando en infantil
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2023 - 17:36O alumnado de infantil cantando e tocando todos xuntos na clase de música.
Bo traballo nenos e nenas!!!
INFANTIL: Brincando no Sequelo
Enviado por josean o Mar, 24/01/2023 - 21:33Por mor de centralizar e que toda a Comunidade Educativa teña acceso ás marabillas que fan os nenos de Infantil, vencellamos o seu blogue, arriba á dereita. ANIMÁDEVOS A VISITALO!!
Contacontos "A cebra Camila"
Enviado por josean o Lun, 19/12/2022 - 01:03Noa e Antón de 6º fóronlle contar aos nenos de Infantil un conto que a eles lles gustaba moito cando eran tan pequenos coma os de Infantil. Unha experiencia excelente para os alumnos de 6º, tanto como contacontos coma espectadores ou no uso da cámara e a pértiga de son.
Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.
Coñecémonos
Enviado por Ruth o Dom, 23/10/2022 - 18:53Chegou o momento de coñecernos mellor.
coñecemos as nosas facianas de Ruth PT