Manualidades dende a casa (19): Pablo Torres facendo madalenas
Pablo Torres de 5ºA está aproveitando moi ben estes días de confinamento, se o outro día nos propuxo facer xoguetes reciclando materiais, hoxe proponnos facer manualidades comestibles, esta vez madalenas; e ata nos deixa a receita.
Ingredientes para 40 madalenas: 1/4 litro de aceite de oliva, 1/4 kg de azucre, 6 ovos, 350g de fariña, un sobre de fermento en pó, 2 culleres de brandy ou vainilla, 40 moldes de papel (aproximadamente).
Preparación: Bater os ovos enteiros co azucre, o aceite e o brandy (ou vainilla). Unir a fariña co fermento en pó e engadila, pouco a pouco á mestura anterior. Colocar os moldes de papel en dúas bandexas de forno (para que queden separados uns dos outros) e ir botando a masa sen encher de todo (pois sube ao cocer). Espolvorear con azucre. Levar ao forno a 175°C durante 15-20 minutos e listas para comer.
Moitas grazas por compartir con nós esta receita, esperamos que vos animedes a facer esta ou outras manualidades comestibles, sempre baixo a supervisión dos vosos pais.
Enviar un comentario novo