blogue dejosean
Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia (11 de Febreiro)
Enviado por josean o Ven, 11/02/2022 - 12:00Por mor do día Internacional da Muller e a nena na ciencia, visitáronnos Sara e Laura, dúas biólogas coa experimentamos de primeira man o que é a ciencia a través de diferentes experimento clásicos no mundo da ciencia, como o Hemisferio de Nuremberg onde experimentamos o que era o baleiro; pero o que é máis importante, baixo a súa dirección, aprendimos divertíndonos.
Construímos robots
Enviado por josean o Xov, 10/02/2022 - 10:10Aprendemo sobre algúns tipos de robots que existen, buscando información e imaxes en Google, anotando as súas principais características para crear unha maqueta con materiais reciclados.
Entrevista á encargada das Obras
Enviado por josean o Mér, 09/02/2022 - 23:00Moi agradecidos á María, a encargada das obras, por concedernos un momentiño do seu tempo e contestarnos a tódalas dúbidas que tiñamos sobre o futuro do colexio.
Sans e escorreitos no Sequelo
Enviado por josean o Mér, 09/02/2022 - 20:57Pluriculturais e moi galegos tamén mediante a promoción da froita e o leite galegos
Erupción final
Enviado por josean o Mér, 09/02/2022 - 01:00A actualidade mandou, e por mor da erupción na illa da Palma do volcán Cumbre Vieja, os alumnos de 5º emprenderon un microproxecto que os achegou á realidade da illa canaria, o seu clima, costumes, flora....e moi especialmente ao coñecemento do seu vulcanismo. Como punto culminante do Microproxecto deseñaron os seus volcáns aos que fixeron entrar en erupción.
O Sequelo Pluricultural
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 19:18O que nenos de distintas culturas compartan un espazo educativo supón para o noso centro e os nosos nenos unha enorme riqueza, mais a maior alfaia témola nas nosas máns, en coñecer en debida forma a nosa cultura, a dos antigos e os novos galegos. Pluriculturais, mais moi galegos, así somos no Sequelo.
Vén en Bicicleta ao Sequelo
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 19:00Elixe un camiño seguro, e fai como Uxía, vén ao cole dándolle aos pedais. Seguriño e con sentidiño, terás sitio onde aparcala.
Vén ao Plan Madruga
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 18:55Nas mañás como Iria ou como Astérix madrugamos con forza no Sequelo ou iso é o que nos conta Iria Alfonso de 6º B.
Vén ao Comedor
Enviado por josean o Sáb, 05/02/2022 - 18:48Manuela Marie Calviño Sobrino de 6º B invítanos a coñecer o comedor, un lugar conceptuado para moito máis que comer.
As Matemáticas do Volcán
Enviado por josean o Ven, 28/01/2022 - 18:51Dentro do microproxecto do volcán, os alumnos de 5º, traballaron con distancias, superficies, volumes, tempos, cantidades, pesos, lonxitudes, latitudes..., en resumo, Matemáticas.
Que distancia hai dende Galicia á illa da Palma?
2477,9 Km.
Cal é a latitude e a lonxitude da Illa da Palma?
Lonxitude: 28° 40′ 60″ Norte, latitude: 17° 45′ 50″ Oeste
Que altura o volcán Cumbre Vieja?
1949 m.
Cando se formou o volcán de Cumbre Vieja?
En 1987
Cando empezou a erupción do volcán?
O 21 de Setembro de 2021
Cantas bocas ten actualmente o volcán?
8 e 2 fisuras
Que superficie da Palma cubriu a lava?
166 Hectáreas
Canto gañou a lava ao mar na illa?
A Palma gañou máis de 28 hectáreas de superficie debido á lava que caeu ao mar.
A que velocidade flúe a lava?
A 4 ou 5 metros por hora
Cantos litros de lava pode conter un volcán?
20.000 millóns de litros
Cal é a temperatura da lava dun volcán?
Entre 800ª C e 1200 ºC
Canta lava botou o volcán da Palma?
O novo volcán da Palma xa botou 80 millóns de metros cúbicos de lava.
Canto se ergueu o chan da illa da Palma?
Uns 10 cm.
Cantas casas foron destruídas polo Cumbre Vella?
1817
Cantos turistas se mudaron a Tenerife?
400
O Nadal galego
Enviado por josean o Mér, 26/01/2022 - 16:19Hai inda cousas que nos quedaron pendentes e que iremos subindo pouco a pouco coma este curtiño programa de radio que sobre as tradicións máis nosas do Nadal elaboraron os rapaces de 5º.
O ritual da inauguratio
Enviado por josean o Mar, 25/01/2022 - 22:09Para a delimitación do perímetro das cidades, os romanos empregaban un arado de bronce tirado por unha xunta de bois conducidos por un “sacerdos”.
A rella marcaba o suco orixinario “sulcus primigenius” onde se debía levantar a muralla, e sinalaba o “pomerium” ou perímetro da futura cidade.
Así imaxinou o ritual para a nosa vila Roberto Carlos Santiago de 5º. Clicade na bandeira para dar comezo ao ritual.
A illa da Palma
Enviado por josean o Mar, 25/01/2022 - 18:07Dentro do microproxecto do "Vulcanismo", que comezou a aula de 5º, por mor da erupción do Cumbre Vieja na illa da Palma, non podían menos que coñecer un pouco da illa, os seus habitantes e costumes
Que aprendimos dos volcáns
Enviado por josean o Dom, 23/01/2022 - 14:53No microproxecto sobre vulcanoloxía, isto foi o que aprenderon os alumnos de 5º sobre os volcáns: o porque, como, cando, canto...
Volcán de Cumbre Vieja
Enviado por josean o Sáb, 22/01/2022 - 12:15Dentro do Microproxecto que os de 5º levaron a cabo, motivado por todo o que estaba sucedendo co volcán da Palma, Roberto Santiago Nedea creou esta animación con Scratch onde se vé como a lava crea no mar novos anacos de illa.
Premede primeiro na bandeira e logo no espazo para ver a animación
Resolvendo o Misterio
Enviado por josean o Ven, 14/01/2022 - 16:00Nesta actividade deberon descubrir a identidade dunha gran inventora, Hedy Lamarr. Mediante o uso dun chatbot, que interaccionou coalumnado a modo de informante, obtiveron información e pistas facendo preguntas. Finalmente, cos datos obtidos, deberon realizar unha procura en Internet para descubrir a quen estaban buscando.
E si, descubriron a Hedy Lamar
Postal de Nadal I
Enviado por josean o Ven, 24/12/2021 - 00:00Pincha sobre cada unha das personaxes para ver que sucede
Volcáns dos 5 continentes
Enviado por josean o Xov, 23/12/2021 - 22:00Seguimos coñecendo en quinto máis cousas dos volcáns, e aprendimos que hai volcáns en Europa, Asía, África, América, Oceánía e ata na Antártida.
Papel, cola, un anaco de botella de auga,con paciencia e pintura, fixemos os volcáns do mundo.
O Monte Kilimanjaro (África)
O Popocatépetl (América Central)
Novarupta (Alaska-América do N.)
Bagana (Oceanía)
Monte Fuji Yama (Asia)
Monte Sidley (Antártida)
A vexetación da Palma
Enviado por josean o Mar, 21/12/2021 - 12:05No microproxecto que os alumnos de 5º emprenderon ao redor da erupcion do volcán Cumbre Vieja, traballaron cousas coma a flora típica da Illa.
CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL 2021
Enviado por josean o Lun, 20/12/2021 - 20:06Como cada ano chega o Nadal, e como cada Nadal chegan os concursos de Postais e contos que cada ano por estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca. Algúns dos nenos do noso centro tiveron a sorte de seren premiados nel. Parabéns a eles e tamén aos que fixeron o esforzo de levar adiante unha postal ou unha narración e non tiveron tanta sorte.
PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS
CATEGORÍA B: 1º, 2º e 3º Primaria
2º PREMIO: Álvaro Veiga Balagones.
PREMIADOS NO CONCURSO DE CONTOS
CATEGORÍA B: 3º e 4º de Primaria
3º PREMIO: Darío Pereira Omil.
CATEGORÍA C: 5º e 6º de Primaria
1º PREMIO: Ramiro Bouza Berride.
2º PREMIO: Uxía Sanjorge Pesqueira.
3º PREMIO: Aarón Carracelas Castro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »