Os Maios da Ascensión
Hai case 100 anos que a tradición de que os Maios de Marín saísen ademais polo día da Ascensión se perdera. Tivo unha recuperación fugaz cara a 1954, e é dende o ano pasado que o Maio Mariñeiro do CEIP Sequelo a recuperou. Neste segundo contamos coa colaboración do Maio de Loira e de dúas artistas do mundo dos maios como son María e Isabel Aguete Soage, e xuntos saíimos cantar polas rúas de Marín baixo o nome do Maio da Chave....de Loira. Ademais ,grazas á colaboración do Museo do Mar, como no ano anterior, acompañounos o Río Lameira para o cal utilizouse a mesma melodía que en 1954 utilizara a carroza triunfal que daquela saíra pola Ascensión. A embarcación é obra dun veterano do mundo dos maios Antonio Rodríguez de 96 anos e que participara nos maios de 1936 e nos contaba como xa o seu pai o fixera antes.
De primeira man os nosos alumnos coñeceron outras tradicións de maio, dentro da propia vila, as do rural, cunhas características propias de seu.
Todo o material xerado no día (fotos e coplas), enviouse como o ano pasado ao Museo do Pobo Galego, por mediación do seu secretario Clodio González Pérez, o maior estudioso desta tradición.
Moi agradecidos ao Concello e a Concelleira de Cultura polo seu apoio en todo momento, para o desenvolvemento da actividade, facilitando o transporte do Maio dende a parroquia veciña de Loira
Maio da Chave
Embarcación Río Lameira
Enviar un comentario novo