Pita Cega (Ed. Física)
A entrada de hoxe trátase dun xogo clásico que todos/as xogamos algunha vez, vai presentalo Mario, imaxínome que todos e todas o coñecedes, desfrutade da práctica.
A pita cega
Xógase nun terreo chairo e sen obstáculos, para evitar caídas.
Un/unha queda e vendaráselle os ollos cun pano. O resto de xogadores/as colócanse arredor do/da que a queda, formando unha roda.
Materiais: unha venda para os ollos, que poderá ser un pano.
Xogo: Sortéase entre os/as xogadores quen "a queda” para facer de pita cega.
Ao que "queda" véndanselle os ollos e despois pregúntanlle :"Pita cega, que se che perdeu? " ao que "o/a que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores/as respóndelle: "dá tres voltiñas e os encontrarás".
O/A que fai de pita cega dará tres voltas sobre si mesmo/a mentres o resto de xogadores/as cantan: "Unha, dúas e tres,".
Despois a pita cega avanza cos brazos estendidos intentando tocar a algún dos/das outros/as xogadores/as, e cando o fixo, debe adiviñar quen é tocándolle o pelo, a cabeza, a cara e as mans. Logo dirá o nome do/a xogador/a que cre que é, se acerta, cámbianse os postos e se non acerta, o resto de xogadores/as diranlle que fallou, seguindo o xogo ata que acerta.
Enviar un comentario novo