Coplas de Embarcacións: Os maios (7)
#LEVANTATE MAIO 2020 CEP SEQUELO
As coplas das embarcacións, ao seren uns artefactos que se introduciron no mundo dos maios moi tardiamente, froito da xente con poder das vilas que miraba con malos ollos o primitivismo rural dos maios e que pretendía adaptar aos tempos a festa por mor dunha mal entendida modernidade, ten diversas melodías con ritmos moi diversos: polkas, mazurkas, valses...., os estilos predominantes e elegantes de primeiros do século XX. As embarcacións, que nun primeiro momento eran barcos de guerra, non foron as únicas representacións extrañas que os nenos das familias ben introduciron no mundo dos maios; hai un longo repertorio: carrozas triunfais, torres, arcos triunfais, avións, submarinos, carros triunfais... Este proceso ten lugar a finais do século XIX e continúa ata ben entrado o século XX.
O pobo de Marín, con moi bo sentido fai, que o único que sobreviva desta amplia variedade, que xa ao impulsor da festa dos maios, o pintor marinense Manuel Torres, non lle gustaba, son as embarcacións, levadas case sempre ao seu terreo natural, a vida do mar e a ser cantadas exclusivamente como os maios en galego; porque mentres os maios sempre se cantaron en galego, todos estes artefactos froitos das clases pudentes cantábanse en castelán; ate que o pobo dicide a mediados dos anos 50 do século XX adaptalos á súa vida mariñeira e ao seu falar.
DESAFIO COPLAS:
Como vos dicía hai moitas melodías diferentes para as embarcacións. A máis sinxela, dentro das embarcacións e dentro das dificultades que todas elas teñen, comparadas coas dos maios, e esta de 1953 e posiblemente anterior que en canto á súa estrutura temática é como segue:
1.Presentación da embarcación
(Estrofa de catro versos onde o 1º e o 3º de 10 silabas non riman e o 2º e o 4º riman e son de 9 sílabas pero rematados en aguda co que suman tamén 10).
2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, do seu traballo...
(Tres estrofas coa mesma estrutura da anterior).
3. A embarcación despídese
(1 estrofa do estilo das anteriores).
4. Retrouso
Intercalada entre todas as anteriores vai un retrouso que se repite e que consta de tres versos de 7 sílabas que riman entre eles e un cuarto de 6 pero acabado en aguda que ten que acabar nunha palabra aguda que rime con temporal.
ATREVEDEVOS!! SE O FACEDES POR PARELLAS VAIVOS RESULTAR MÁIS SINXELO FACER ESTAS SEIS ESTROFAS.
Embarcacion-xianaaa.pdf by Josean Pazos on Scribd
Enviar un comentario novo