Relixión Católica 3º-4º
Terceira Semana de Pascua
Acaba de comezar a PASCUA.
Hai moitos que non saben que a Pascua dura 50 días.
Quizáis algún de vos xa recibiu
unha rosca, un biscoito ou un ovo de Pascua.
Os ovos de Pascua recordan a Vida Nova.
Na primavera todo brota de novo no campo, e é tempo de cría.
Os cristiáns nesta época celebran a RESURRECCIÓN de XESÚS,
e os padriños o saben moi ben.
ALELUiA
foi o saúdo máis escoitado
cando Xesús resucitou.
Estamos na terceira semana de Pascua,
neste tempo florido de primavera a expresión Aleluia séguese utilizando na Igrexa.
Aleluya significa, loade a Deus, bendecide a Deus...
É unha expresión de alegría...
Decora uns ALELUIAS grandes nun folio, ponlles cores e detalliños...
Seguro que cando saiamos ás rúas e remate a corentena
todos diremos contentos: ALELUIA...
Escoita o ALELUIA da película de SHREK. Pica na imaxe.
Feliz Pascua..............................................................................................
Podedes debuxar e logo pintar uns ovos de Pascua
e xogar a escondelos pola casa.
Preguntade aos vosos pais cómo xogaban eles ,frío_templado _caliente...
"Frío - Caliente"
Aquí vos deixo uns modelos
Debuxades en papel e logo de recortalos
Na Pascua celébrase a Vida Nova...
Os ovos son símbolo desa Nova Vida,
por iso moitos de vos neste tempo recibides
estes agasallos.
Se facedes clic na imaxe do seguinte ovo poderedes ver un vídeo para debuxar e pintar ovos de PASCUA
Déixovos un adxunto dun ovo de Pascua
que podedes imprimir ou COPIAR algún outro.
Se queredes que todos vexamos os vosos ovos
podedes mandarme unha foto ao meu correo:sequeloreligion@gmail.com
POÑEDE o NOME e o CURSO
como título añadides: PASCUA 2020
Tamén os podedes pegar na neveira da cociña
ou nalgunha ventá.
liveworksheets.com
Adxunto | Tamaño |
---|---|
dibujo-huevo-de-pascua-para-colorear.jpg | 30.91 KB |
Fichas de Relixión entregadas
Estou recibindo os vosos traballos.
Están moi ben.
Non queda nada para sair á rúa.
Ánimo...
Enviar un comentario novo