Responder ó comentario
Odaiko nas Escolas
Enviado por Miguel o Xov, 17/01/2013 - 10:26O vindeiro martes 22 de xaneiro de 2013, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do noso centro teñen una saída a Pontevedra. Veran no centro social Caixanova ''Odaiko na Escola''. Aproveitando esta representación, visitarán antes o estadio de Pasarón, onde moi amablemente os responsables do clube do Pontevedra nos ensinarán as súas instalacións e prepararán algunha actividade.
''Odaiko na Escola'' é un proxecto didáctico onde Odaiko se centra en axilizar o enxeño e a curiosidade dos máis pequenos a través dunha divertida escenificación en directo chea de creatividade.
Acompañados por un narrador en off, os nosos amigos de Odaiko invitannos a facer un percorrido musical cheo de ritmos e sonoridades. Unha viaxe chea de imaxinación onde a expresión artística máis sinxela pode chegar a ofrecernos as respostas máis sorprendentes.
Músicos: Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo.