EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

As Lavandeiras da Noite

Dentro do Mundo Mitolóxico Galego a personaxe que máis relación ten cos ríos é o das Lavandeiras. A personaxe é coñecida a través dun romance recollido en Cerdedo e que foi amplamente musicado con distintas melodías por grupos de folk. A melodía máis utilizada é esta que interpreta un dos nosos nenos.

Ollo: se te topas cunha delas observa en que dirección retorce a súa saba e imítaa.

 

Que sabemos do Gatipedro?

O Gatipedro é un ser mitóloxico moi peculiar, é un gato, pero é algo máis, ven polas noites ás casas, e non lle gusta o sal. Isto é máis cousas é o que nos contan os rapaces de 5º.

 

Que sabemos da Santa Compaña?

Da Santa Compaña, quizais a figura lexendaria máis coñecida na mitoloxía galega, foi todo isto o que aprenderon os nosos alumnos.

Medo na noite (IV)

En Silleda, hai unha ponte construída polo mesmísemo demo, a petición dos monxes do Mosteiro de Carboeiro.

 

Medo na Noite (III)

As XACIAS son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos. Neste caso na zona do río Miño que pasa pola parroquia de Chouzán no concello de Carballedo da Comarca de Chantada en Lugo.

Medo na Noite (II)

A lenda dun cabalo branco infernal que axuda aos camiñantes a cruzar un río, aparece espallada por toda Galicia.  Esta que contan os nosos alumnos sucedeu no río Limia hai disque que unha chea de anos, cando aínda os animais falaban...

 

Medo na Noite (I)

"Medo na Noite" é unha serie de programas que os nenos de 5º e 6º dedicaron ás lendas que arredor dos ríos poboan a mitoloxía galega. O primeiro desta serie nárranos de como se orixinou o rei dos ríos galegos, o Miño.

 

SAMAÍN NO SEQUELO

Durante esta semana os corredores do cole enchéronse do Samaín.

Elaboramos tarxetas de pantasmas nas que dentro incluímos palabras relacionadas co sentimento do medo. Tamén fixemos uns botes moi monstruosos.

Coa colaboración das familias fixemos exposicións de cabazas.

Ademais, na clase elaboramos debuxos (EI, 1º e 2º) e contos terroríficos (3º,4º,5º e 6º).

No seguinte vídeo podédeslle botar unha ollada.

 

O propio día do Samaín xuntámonos todo o cole para cantar e interpretar en Lingua de Signos a canción "No Samaín" de Paco Nogueiras coa axuda da profe Montse. 

 

Os de 3º léronlle lendas e adiviñas na biblio aos de 4º e logo os de 4º léronlle un conto feito por eles e elas mesmas. 

Por último, a ANPA preparounos unha casa terrorífica onde puidemos disfrutar dun momento de intriga e curiosidade e un altar de defuntos mexicano onde puidemos debuxar e recordar a algúns dos nosos seres queridos. Moitas gracias pola vosa colaboración e parabéns por todo o traballo!


 

PASÁMOLO EN GRANDE NESTE SAMAÍN 2023!

 

O Sequelo cociña...edición Samaín

Estreamos "O Sequelo Cociña" coas achegas dos pequenos e pequenas do cole. Aquí tendes as receitas tan ricas e monstruosas que vos queren amosar. Que boa pinta!

 

 

Moitas grazas familias! 

 

O Sequelo cociña

Este ano queremos presentarvos un novo proxecto: O Sequelo cociña. Nesta sección compartiremos receitas propostas polos nenos e nenas en colaboración coas familias. En cada festividade poderedes atopar como cociñar cousas deliciosas!

Un Samaín responsable

No cole xa empezamos a notar o Samaín e para ser consciente á hora de escoller o noso disfraz, os máis peques do cole tiveron unha charla sobre o consumo responsable. Nela puideron comprender a importancia de reciclar e reutilizar os disfraces e tamén como saber se son seguros e axeitados para nós atendendo ás etiquetas. Acabaron a charla creando a súa propia máscara para este Samaín!

 

Campionato escolar zonal de campo a través

O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!

San Miguel-Danza de Espadas

Hoxe é San Miguel! Por iso, dende o noso cole quixemos celebralo un pouquiño. Dende o Ateneo Santa Cecilia algúns cursos recibimos unha pequena charla para así manter e coñecer un pouquiño máis esta festa do noso pobo.  Algúns compañeiros e compañeiras tamén viñeron vestidos segundo a tradición.

Ademais, os de 4º xunto coa profe Belén, a profe Ruth, a teacher María e a profe Laura fixemos, de acordo coas cores propias deste día, unha decoración moi chula para o cole. Mirade que ben quedaron!

 

 

 

 

 

Benvida ao curso 2023/24.

Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.

 

Papiroflexia con Luis Freire: A pinga

Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."

IX Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra

2 anos de traballo na escritura creativa, que tiveron como brúxula en todo momento no eido narrativo a literatura infantil de Gianni Rodari e moi especialmente o seu libro "Juegos de Fantasía", rematamolos coa participación neste Certame, no que conseguimos que 11 dos textos chegasen a ser finalistas. Deses 11, 2 foron sinalados entre os 5 finalistas destacados.  Nesta labor de 2 anos fomos recompilando distintos textos escritos que para este certame e outros sacamos do baúl, de tal xeito que algúns deles estaban realizados o ano pasado. Parabéns a os 23 que foron quen de sacar algo valioso que contar.

Algúns dos finalistas:

O libro que se edita cos relatos axiña estará na nosa biblioteca, e coa sinatura dos autores

Certame de relato Curto "Falarei"

Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.

 

"VIAXE EN TREN". Teatro de 2º EP

Por fin chegou o día da representación. Hoxe, os de 2º, despois de moitos días de ensaio e preparación de escenografía (máscaras, disfraces, tren,...) puidemos por en escea a peza teatral "Viaxe en tren", de Euloxio R. Ruibal, para todo o colexio. Esperamos que vos gustase; nós pasámolo moi ben. QUE NUNCA SE PERDA A MAXIA DO TEATRO!  

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.