BBC Xogos Populares

O 12 de decembro celebrarase o primeiro campionato do BBC galego (Bolos, Billarda e Chave), con algúns colexios da Comarca de Pontevedra. Empezaremos a practicar estes xogos a partir do 15 de novembro, así que ata ese día teredes que ler as normas e regras básicas de cada un destes xogos.

BBC Xogos Populares en Silleda

O outro día fomos a un sitio onde había moitos xogos. Ademais de estar nos, había máis colexios e xogabamos todos a xogos populares:  billarda, bolos celtas, chave....  Para o meu gusto, o xogo que mais divertido foi, é a billarda pero paseino tamén moi ben, xogando con todos os xogos.

 

Primeiro xogamos a chave. O noso grupo só fixo un punto, logo paramos cinco minutos para merendar un pouquiño e fomos para a billarda no que o noso grupo foi o que mais meteu, sete puntos.  Eu metín catro.

 

Logo, fomos aos bolos celtas, nos que eu non fixen nin un punto. Tocounos unha  monitora que quedou campiona de España, pero non unha ou dúas veces, se non sete.  Resulta que nos bolos celtas, se non queres non te retiras, incluso sendo moi maior.

Ao final déronnos uns bocadillos e fómos no autobús outra vez de volta ao colexio para ir para casa.

 

TORNEO CANCELADO!

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS CANCÉLASE O TORNEO ATA NOVO AVISO.

Horario do encontro de Xogos Populares!

O martes, 12 de decembro, terá lugar a xornada de xogos tradicionais no Complexo Deportivo da Xunqueira.

 

O horario é o seguinte:

 

10:15 h  10:55 h  1º tramo   BILLARDA – BOLOS- CHAVE
11:00 h  11:40 h  2º tramo   BILLARDA – BOLOS -CHAVE
11:45 h  12:25 h  3º tramo  BILLARDA – BOLOS- CHAVE
12:30 h  12:40 h     Conclusions

 AUTOBUS:

Saída do centro escolar ás 09:15 horas

Regreso saída da Xunqueira ás 13:15 horas

 

Billarda, bolos e chave: xogos tradicionais

A billarda é un xogo tradicional que consiste en ter un pau duro na man e outro máis pequeno afiado na punta (lipe) e intentar darlle no aire.  Pasárono moi ben, houbo algúns fallos, pero logo o dominaron. Xogaron Raul, Martina, Manuel, Noelia e Santi.

Os bolos consiste  en poñer uns bolos celtas de madeira e tirallas dende unha distancia axeitada unha bola de madeira e derribalos. Xogaron Guille, Noé, Saioa e Fran.

 

A chave consiste en tirar unha pesa a un pau de ferro con duas aspas e tes que intentar darlles e que se movan. Xogaron Victor, Leo, Jorge, Miguel e Iago.

 

Melani-Priscila

3. A chave (BBC Xogos Galegos)

Para rematar coa triloxía de Xogos Populares Galegos, A Chave.

2. Os bolos celtas (BBC Xogos Galegos)

Outro dos Xogos Tradicionais Galegos nos que imos competir o 12 de Decembro.

 

 

1. A Billarda (BBC Galego)

O 12 de decembro celebrarase o primeiro campionato do BBC galego (Bolos, Billarda e Chave), con algúns colexios da Comarca de Pontevedra.

Empezaremos a practicar estes xogos a partir do 15 de novembro, así que ata ese día teredes que ler as normas e regras básicas de cada un destes xogos.

Moito ánimo!!

E para comezar a BILLARDA video demostrativo e engadidos documentos do regulamento, fabricación, orixe....
 
Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.