Peletre - Mariola - Raiola - Caracol - Avión (Ed. Física)
A entrada de hoxe compártena Roberto e Sergio, con un xogo que ten moito en común pero que o mesmo tempo ten diferencias, existen moitas máis variantes, espero que descubrades algunha.
A Mariola
Mariola
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariola ou peletre é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.
Materiais necesarios
Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo e coller unha pedra para poder lanzala e xogar. Dependendo das zonas, o campo debúxase de diferentes formas. Na zona de Carnota, onde se coñece tamén como pelete, debúxase un terreo de xogo onde se enumeran as casiñas do un ao nove.
Normas
Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores comeza a partida.
Ao principio tírase a china (pedra), na casiña un. Realízase o percorrido como de costume, pero se se tocan as liñas limitantes perderase a quenda e pasará ao xogador contrario.
Se a china ou pedra non cae na casiña correspondente, tamén se perderá a vez.
Cada xogador poderá tirar cantas veces poida, mentres a pedra non pise a liña ou saia desta.
Cando se perde a quenda e posteriormente se volve a xogar, pois xa pasou toda unha ronda de xogadores, empezarase a xogar onde se quedara anteriormente.
Proceso
Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8 ), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.
#euficonacasa
#euquedonacasa
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Sergio Villaverde Raiola.pdf | 235.89 KB |
Roberto Armada-Peletre.pdf | 187.46 KB |
Enviar un comentario novo