Traballo aeróbico (Ed. Física)
Boas tardes!!!! como van esas actividades da Semana do libro?, a páxina do cole está chea de propostas, "Microcontos no espello", II torneo de xadrez online, Maios, hoxe aplaudimos a…, poemas e contos dende a casa,… e as nosas de educación física.
Onte empezamos a proposta de converter os pictogramas en fotografías vosas, xa teño algúns, os que me vaiades enviando eliminareinos das entradas para que non se repitan, tamén recordarvos que os de quinto e sexto tedes o cartel informativo sobre as mulleres deportistas, e os de terceiro e cuarto buscar xogos e xoguetes tradicionais, as explicacións están nas entradas anteriores, se precisades axuda non dubidedes en enviarme un correo (profetamaraef@gamil.com).
Enviar un comentario novo