Practica e mellora o teu xadrez en LiChess
A plataforma de xadrez Lichess é ideal para mellorar o teu xogo de xadrez, poderás:
- adestrar resolvendo problemas adaptados ao teu nivel
- xogar con calquera xogador do mundo que estea dispoñible
- participar en torneos, etc.
Para poder xogar terás que rexistrarte previamente na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail.
Por outra parte, a Federación Galega de Xadrez, tamén nos ofrece gratuitamente os libros de iniciación e de perfeccionamento, na súa web.
Enviar un comentario novo