Música dende a casa (5): SERVANDO BARREIRO
Músico, contador de historias, e moi importante isto último, veciño de Valadares (Vigo). Baixo o seu alter ego do Bardo Abelardo percorre na compaña literaria de Anxo Moure tódolos recunchos de Galicia procurando divulgar nas súas cantiguiñas e contos o respecto á natureza. Deixa moi especialmente para vos esta "Nana das árbores".
Músico de formación clásica debido ao seu crecente interese pola música tradicional galega, comeza a facer arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses ou do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Paralelamente, realiza composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos. Froito deste traballo foi premiado no IV Festival Galego da Canción, que supuxo a gravación do seu primeiro disco compartido cos demais finalistas. Logo chegarían os traballos discográficos "O son da sega" (1996) na compaña do grupo Retrincos, "A dança do lume"( 1999), "Som voltas"(2004) e, máis recentemente, o libro-cd baseado en contos de Anxo Moure: "Vicentinho e as árvores da paz" (2010). O libro-cd "A música das árbores" (Xerais, 2015), en coautoría con Anxo Moure, é a súa primeira obra en Xerais.
Moi bonito
Moi bonito
Moi bonito Candela de 5ºB
Moi bonito
Candela de 5ºB
Moi bonito
Moi bonito, gustoume moito.
Carla 5ºB
Enviar un comentario novo