Onte pola mañá acompañei ao parque de Castrelos, Vigo, a 20 alumnos/as, de 2º a 6º de Primaria que quedaron entre os 10 primeiros na carreira de Campo a través, celebrada en Marín o pasado 23 de xaneiro.
Noa González Moldes quedou de terceira na categoría de Benxamín Feminino.
Outros que pasaron entre os 10 primeiros foron: Valeria, Aitana, Humble e Nihal, todos eles benxamíns e alevín.
Os compañeiros e compañeiras da clase de Noa, irán o 12 de febreiro a Portas, para celebrar o campionato provincial de centros escolares.
Noraboa a todos e todas polo esforzo e o bo comportamento!
Deixo o enlace para que vexades o vídeo!
Enviar un comentario novo