Responder ó comentario
REUNIÓN NAIS E PAIS ALUMNOS DE 1º CURSO
Enviado por Anónimo o Ven, 03/09/2021 - 20:18Algúns xa coñecedes o colexio e para outros é a vosa primeira vez; a todos benvidos e grazas por confiarnos os vosos fillos e fillas. Cada vez que se empeza unha etapa educativa sempre leva consigo ilusión, esperanza, pero tamén algúns nervios e incertidumes. Un colexio novo, profes novos e novos compañeiros agárdannos á volta da esquina.
Para darvos a benvida e falar dalgúns aspectos da organización escolar deste curso 2021-2022 gustaríame que asistirades á seguinte REUNIÓN TITORIAL:
DÍA: MARTES, 7 DE SETEMBRO DE 2021
HORA: 11.30
PATIO DE COLUMNAS DO CEP SEQUELO
Agardando que poidades asistir recibide un saúdo de,
Ramón Pastoriza (Mestre titor de 1º)