Responder ó comentario
Concurso de Eulerías do Mestre Landín
Enviado por josean o Ven, 22/06/2018 - 09:02Noelia Iglesias Rodríguez de 6º curso foi a gañadora do concurso de Eulerías da Semana Matemática que cada ano convoca o IES Mestre Landín na categoría de primaria.
En que consistía?
Pois en facer oracións o máis longas posibles a partir do famoso número "e" que descubriu o matemático suizo Euler. O número "e" é igual a 2,71828182845904.... Hai que facer oracións onde cada palabra teña tantas letras como indican cada unha das cifras do número.