EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Contacontos "A trastenda dos contos"

O pasado 28 de novembro tivemos “A trastenda dos contos”, un contacontos sobre o Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller da man do CIM (Centro de Información á Muller) de Marín.

A actividade foi destinada para o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria. 

 

 

Que momento máis divertido pasamos!

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, é o día Internacional da Discapacidade.

O venres pasado, o alumnado do 5º curso de Educación Primaria, na sesión de Educación Física, puido experimentar unha serie de actividades para alumnado con discapacidade visual, reflexionar sobre as diferenzas que presentamos cada un de nós, sobre a aceptación e sobre o respecto.

Resumimos esta experiencia na seguinte frase: ''La discapacidad no te define; te define cómo haces frente a los desafíos que la discapacidad te presenta.''-Jim Abbott.

A continuación mostro algunhas fotos con este grupo. Irei engadindo mais porque ó longo de este mes, tódalas clases vivirán estas experiencias e algunha mais!

GOL?

 

A QUE OLE?

PINTO COA MAN NON DOMINANTE!

OUTRA MANEIRA DE VER!

PASEAMOS?, DESCUBRIMOS ONDE ESTAMOS?

 

 

Menos violencia e máis amor!

Co gallo do 25N, Día Internacional contra a violencia de Xénero, Elsa e Nicolás de 2º de primaria leron esta historia á que acompañan ao final outros compañeiros coa proclama que cantaban no percorrido que fixo todo o colexio con lemas contra a violencia. Parabéns!

O AMOR É O MELLOR (1ºEP)

Os nenos e nenas de 1º de EP puxéronse mans á obra para elaborar un conto para conmemorar o 25 de Novembro-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Aquí vos deixamos a historia feita e contada por eles e elas! Ademais, se queredes ver o conto, tamén podedes dar un paseo pola beira do río lameira.

 

 

 

Agardamos que vos guste!

25N no CEIP Sequelo

Onte foi 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. A pesar de ser un tema que traballamos día a día na aula, o venres quixemos darlle un pouco máis de visibilidade e amosar que todos e todas estamos totalmente en contra con este tipo de accións. 

Dende hai uns días, estivemos preparando nas clases carteis con lemas en contra desta violencia e a favor das mulleres e o respecto que temos por todas e cada unha delas. 

Para facer máis visible o noso traballo e o noso desacordo coa violencia contra as mulleres, saímos do centro educativo e manifestámonos por toda a beira do río Lameira. Na volta ao centro deixamos colgados os nosos carteis ao redor do colexio para que cada persoa que pase poida lelos. 

 

 

 

Ao chegar ao centro, Tania de 6º de Educación Primaria leunos un manifesto, deixando claro que no CEIP Sequelo berramos todas xuntas: Eu por ti e ti por min!

 

 

Por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP, xunto coa profe Montse, versionaron en galego a canción de “Ni una más” de Aitana e mostráronola a todos e todas. 

 


 

Hoxe e cada día do ano: NIN UNHA MÁIS

Charla ASSEII

A asociación socio sanitaria de enfermidades inflamatorias intestinais, ASSEII, visitou ao alumnado de 3º de educación primaria.

Ademais de coñecer un pouco estas enfermidades aprendemos moito sobre como coidar a nosa saúde. 

Fixéronnos recomendacións para que o noso intestino este ben coidado: 

·      

Debemos lavar ben as mans, sobre todo antes das comidas. 

·      

É importante que bebamos moita auga. 

Tamén falamos do que comemos, da necesidade de ter unha dieta variada e non comer produtos ultraprocesados nin bolería industrial.

Foi moi divertido, sobre todo cando nos contaron como afecta o que comemos ás nosas cacas. 

v 

Provocan gases: o repolo, a coliflor, os cogombros, leite, froitos secos, cebolas, ...

v 

Provoca cambios de cor: espárragos, remolacha, pílulas de ferro, amorodos, salsa de tomate,...

v 

Producen cheiros: legumes, brócoli, ovos, allo, queixos fortes,..

v 

Axudan co cheiro: zume de arandos, de laranxa, perexil, iogur,...

v 

Poden provocar diarrea: cereais integrais, verduras de folla, pasas de uva, vexetais crus, ...

v 

Axudan coa diarrea: puré de mazá, bananas, arroz fervido, tapioca, ...

v 

Axudan co estrinximento: froitas en compota, vexetais cocidos, froitas frescas, auga, bebidas mornas ou quentes,...

O mundo animal é máis sabio que o humano?

Os cans sempre revisan as súas cacas, cando se nota mal do estómago “púrganse” comendo herba para provocar o vómito.

Recomendáronnos non usar papel hixiénico de cores, o branco é mellor para poder valorar a cor das túas feces.

Antes de tirar da cisterna debemos inspeccionar o que deixamos, a súa cor, forma e cheiro. Ninguén o vai facer por nós.

Xa que estamos no váter, tamén aprendemos como debemos sentarnos, erguendo as pernas empregando un tallo. 

 

 

 

Queremos dar as grazas as persoas de ASSEII polas súas explicacións e polo seu tempo.

Entrevistas na beira II: "Entrevista ao río Lameira"

Hoxe e sen mollarnos como ten por costume, achegouse polo noso cole o Sr. Río Lameira e contoulles  cousas moi interesantes da súa vida, aos curiosos reporteiros de 5º.

O traballo da escaleta está inspirado nunha historia de Gianni Rodari, "Brif, bruf, braf", do libro Contos por teléfono que os nenos están lendo.

 

Que cousa, cousiña é?

A partir de tres adiviñas tradicionais, os nenos de 5º foron aprendendo no taller de Adiviñas a crear a partir de estructuras diversas, as súas novas adiviñas ao redor da castaña, o ourizo, o castiñeiro...o Magosto.

Magosto

Polo Magosto Vera, Emma, Nicolás e Mia de 2º de primaria fixeron unha pequena historia que grabaron na radio do colexio. Esperamos que vos guste.

O MAGOSTO

Este venres no cole celebramos o magosto. Primeiro comemos unhas deliciosas castañas que a ANPA asou e, despois, aproveitamos que non chovía para saír ao patio e realizar  uns xogos populares. Mentres, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de EP foron probar uns xogos moi divertidos que nos trouxeron dende a asociación de Xoán XIII. Pasámolo súper ben!

Moitas gracias a ANPA e á asociación Xoán XIII!

O Sequelo cociña: tarta de castañas con chocolate

Coa celebración do Magosto propuxemos facer unha receita con produtos da tempada. Elsa de 2º de primaria e mais a súa tía Rita elaboraron unha sobremesa que de seguro está deliciosa. Moitas grazas. Fai clic enriba da imaxe para ver o vídeo.

 

Entrevistas na beira

Neste primeiro "Entrevistas na Beira"... do río Lameira os nenos de 5º entrevistan para a Radio Sequelo á nova presidenta da ANPA Aidón que lles conta cousas moi interesantes.

 

A pantasma que non daba medo.

Os nenos de 2º grabamos na radio escolar un dos contos que fixemos co gallo do Samaín. Esperamos que vos guste. 

 

 

Os Trasnos

A partir dunha canción de Pablo Díaz, aprendimos un chisquiño doutra personaxe mitolóxica galega, pero que está espallada por toda a xeografía peninsular: trasno, trasgu, trasgo, strago... Vive na cova do bosque, feo, forte e peludo...

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.