A chave (Ed. Física)
A entrevista de hoxe é de Rubén.
A verdade é que eu esta modalidade de Chave non a coñecía e Rubén e Iria fixeron un traballo de investigación, a variante que eles nos mostran é a “Llave Asturiana”, en Galicia temos outras tres chaves, distínguense polo deseño, esta é de tres aspas , vou deixar que nola expliquen e mañá fareivos un resumo das galegas.
A Chave
ORIXE
Este xogo popular nace nas minas de Xixón, onde os mineiros xogaban tirando as chaves as vías, desta forma pasaban o tempo dos seus descansos. De ahí, extendese por Asturias e pasa a Galicia, donde hai 3 versións diferentes en función da forma da chave.
Trátase dun xogo de precisión no que se utilizan dous materiais metalicos:
- a chave, elemento a golpear , que consiste nun ferro duns 75cm de altura e tres aspas de 15, 10 e 6 cm separadas entre si 10 ou 16 cm.
- os pellos que son discos de ferro ou plomo que se lanzan contra a chave que teñen un peso entre 400 – 750 gr, diametro 6-8 cm e grosor 18-20 mm.
Desenvolvemento do xogo:
A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.
O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces.
O terreo de xogo é unha explanada duns 20 m de lonxitude por 2 metros de ancho. A liña de lanzamento está situada a 15 metros (entre 18 e 20 pasos) da chave. O desnivel máximo do terreo será de 40 cm (entre a liña de lanzamento e a chave).
As partidas soen disputarse a 10 tiradas por xogador. Poden xogarse dun só xogador contra outro, por parellas, por grupos.
Puntuación:
• 15 puntos na aspa pequena
• 10 puntos na aspa mediana
• 5 puntos na aspa grande
• 1 punto no exe
Gaña o xogador ou equipo que antes conseguen os puntos acordados de antemán.
#euficonacasa
#euquedonacasa
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Rubén Argibay 5ºB.pdf | 283.44 KB |
Enviar un comentario novo