Un agasallo para Ricardo Carballo Calero
Dende o CEP Sequelo seguimos festexando ó polivalente Ricardo Carballo Calero ó que este ano se lle adica o "Dia das Letras Galegas".
Esta vez a nosa homenaxe aparece en forma de agasallo. A profesora Inés elaborou os recursos educativos que vos presentamos a continuación co obxectivo de que a vida e obra do autor poida chegar ó noso alumnado dun xeito doado, ameno e de calidade. Prestade moita atención ás ilustracións e mesmo podedes tentar reproducilas!
O primeiro dos agasallos é unha pequena biografía do autor que remata coa poesía "Anxo de Terra" que agocha un interesante segredo...quen será Benito Soto.
O segundo agasallo "As pitas baixo a choiva" que xa está a traballar o alumnado mais cativo do CEP Sequelo é un relato breve que narra unha anécdota do autor. Foi publicado na revista Lar en 1952.
O último dos agasallos é un repaso pola nosa simboloxía a través dun interesante titorial sobre a elaboración da bandeira e escudo de Galicia. A quen lle sairá mellor?
Pensades que a Ricardo Carballo Calero lle houbesen gustado os nosos agasallos?
Unha aperta!
TRABALLO PROFESORA INÉS
Un traballo moi ben feito. Un traballo de calidade. Noraboa, Inés!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Enviar un comentario novo