Información ás familias: Prazos de admisión do alumnado e programa de gratuidade de libros de texto
SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado desde o día 11 ata o día 18 de maio de 2020*
Novos prazos do proceso:
1.- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
2.- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
3.- Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
4.- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
5.- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
O proceso levarase a cabo a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/ ou solicitando CITA PREVIA:
Teléfonos: 886151326/ 886151325
Correo: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
PROTOCOLOS DE SEGURIDADE:
Para evitar contaxios nas instalacións do centro seguiremos o seguinte protocolo:
-
Levar mascarilla.
-
Respectar a distancia de seguridade.
-
Acudir un só adulto, sen nenos/as.
-
Cumprir coas instrucións que figurarán ben visibles na porta principal do edificio: esperar nas zonas sinalizadas ao efecto, nas que dispoñerán de xel de manos, chamar ao timbre e acceder só cando se lles indique.
LIBROS DE TEXTO
A partir do 18 de maio de 2020 comezará o prazo para que soliciten a participación no programa de gratuidade de libros de texto.
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021
Prazo de presentación: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.
Presentación telemática en Fondolibros
A contía das axudas para adquirir libros de texto será: a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.
2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €
Participar no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de primaria) dá dereito a:
a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.
b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.
Para a presentación no centro débense cumprimentar o ANEXO_I e o ANEXO_II, que se poden descargar nos adxuntos.
Enviar un comentario novo