Xogos e xoguetes! (Ed. Física)
Esta semana vamos comezar un traballo novo, xa iniciei esta actividade con terceiro e cuarto, pero agora vai para todo o cole, consiste en facer unha entrevista a un maior, pode ser en persoa, por teléfono, videochamada,… e podedes escoller a papá, mamá, avoa, avó, tia, tio, veciña, vecín,… ten que ser un xogo ou xoguete que eles/as xogaran cando eran pequenos/as, mellor se é descoñecido para vos, hai moitos, en unha entrada anterior colguei tres que me enviaron xa algúns nenos/as do cole, a billarda e as canicas ou bolichas, e o sábado como era o Día de Europa, fixen a entrada no blog co xogo da petanca que é de orixe francés, onde tedes un vídeo e un cuestionario sobre a ela.
Envíovos o documento das entrevistas, en word, en pdf e en odt, podedes enviarme a vosa entrevista en foto ou cubrila en ordenador e o debuxo a parte, para poder unilos a hora de subir a páxina web.
Espero que o pasedes moi ben con esta actividade de investigación e de recollida de xogos populares, tradicionais e autóctonos. Non teñen que ser xogos e xoguetes de Marín, no meu caso enviareivos un de A Fonsagrada, nin teñen que ser galegos, o único requisito é que sexa antigo, sería máis enriquecedor que non estivera repetido, para lograr ter un gran arquivo con riqueza de culturas e diversidade, para iso irei colgando os que me enviedes diariamente.
Tamén vos propoño unha actividade para facer un pouco de exercicio, é un xogo de cartas que coñezo dende pequena, chámase SOLITARIO, precisamos unha baralla española, eu sempre xoguei nunha mesa, pero vamos adaptalo para poder movernos un pouco.
#euficonacasa
#euquedonacasa
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Ficha para recollida de xogos e xoguetes.pdf | 202.74 KB |
Ficha para recollida de xogos e xoguetes.doc | 53 KB |
Ficha para recollida de xogos e xoguetes.odt | 33.63 KB |
Enviar un comentario novo