Introducímonos no mundo do cine con ALGARABÍA ANIMACIÓN
Tomás Conde e Virxinia Curia, Virxinia Curia e Tomás Conde, Cádiz e a Coruña, a Coruña e Cádiz. Eles son Algarabía Animación un dos proxectos de animación máis interesantes do país con sede na Coruña. Eles son as cabezas pensantes que se ocultan ano tras ano cando chega o Nadal detrás dos anuncios de Estrela Galicia; mais Algarabía Animación e moito máis.
Virginia Curiá e Tomás Conde son unha parella de cineastas especializados en animación stop motion con personaxes modeladas con plastilina. En 1994 finalizaron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña; alí realizaron o seu primeiro traballo de animación Alegrías de Puerta Tierra, seleccionado polo Ministerio de Cultura como mostra de cine español no estranxeiro. Fundaron daquela a productora Algarabía Animación, e ata agora dirixiron e animaron catorce curtametraxes, dúas series, continuidade televisiva e campañas publicitarias para Gadis, Unicef, Inditex, MMT, Estrella Galicia, TVG, EVO Banco, Galicia Calidade e Cosmopolitan TV. Tamén dirixiron a longametraxe de animación 3D Meigallos.
- Meigallos (largom.), 2015
- Carrera de la Mujer (spot), Cosmopolitan TV, 2015
- Equilibrium (cortom.), Inditex, 2012
- O soldadiño de chumbo (cortom.), 2008
- Serie ¿E por qué? (52 cortom.), 2005
- Serie A lingua animada (7 cortom.), 2000-2003
Entre os múltiples premios dos que foron merecentes destacan:
- Premio del Público Joven, Festival Ecozine de Zaragoza (Equilibrium), 2014
- Premio Mestre Mateo «Mejor anuncio publicitario» (Estrella Galicia Feliz Navidad), 2013-2014
- Premio Mejor Cortometraje de Animación, Festival Pata Negra de Guijuelo (O soldadiño de chumbo), 2009
- Premio Mestre Mateo «Producción publicitaria» (Las noticias del Guiñol, Canal+), 2007
- 1er premio, Federación de Cineclubes de Galicia-Portugal (Good night mon ami), 2003
É grazas á xentileza de Algarabía Animación que hoxe podemos dispor no noso cole desta estupenda curtametraxe baseada nas personaxes de Álvaro Cunqueiro, xunto cunha unidade didáctica para investigar ao redor dela e que eles mesmos nos enviaron. Invitámosvos a que entredes con ela ao marabilloso mundo do cine. Podédela descargar dende o arquivo adxunto como documento de Word ou Libre Office Writer.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Actividades relacionadas co son, a música e a imaxe.odt | 2.42 MB |
Alistan Anexos.odt | 1.29 MB |
Actividades relacionadas coa narración.odt | 936.5 KB |
Moi gracioso
Moi gracioso
Que divertido
Que divertido, é moi gracioso
Candela Bremúdez Santiago 5Bº
É moi entretido pero...
É moi entretido pero a ver se deixan de tirarse peidos.
Laura Arribas López 5ºB
Que peideiro
Que peideiros son.
Maroua 5ºB
Enviar un comentario novo