Poemas dende a casa (8): Xosé Iglesias Lamela
Patrón, armador, poeta, debuxante... pero por riba de todo mariñeiro. No momento en que escribimos estas liñas este moso esta no mar co seu barco o Primeiro Villar que ten a base na Coruña, aínda que Xosé é de Cee. Xa algún lance ten botado para o noso colexio nalgunha outra singadura pedagóxica nosa. Nestes días de loucura como moitos mariñeiros da nosa costa segue saíndo a faenar para que teñamos peixiño tódolos días, aínda que sei que a moitos de vós o peixe...
Xa leva publicado dous libros de poesía: Transfusión oceánica e A relixión do mar co que gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo.
Cando isto se calme queda comprometido a mandarvos a todos un saúdo, para abrir boca mandounos este vídeo del falando do que ama: o MAR e os seus habitantes.
Fermoso de verdade
Grazas por estas aportacións, de verdade, grazas... e moito máis nestas circunstancias. Saber que seguides ahí transmítenos tranquilidade e non pensar en desvincularnos da normalidade que voltará. GRAZAS.
Ramón Alfonso
Moi bonito! Grazas!
Moi bonito! Grazas!
Enviar un comentario novo