EDLG
30 xaneiro, Día da Paz
Enviado por inesduran o Dom, 04/02/2024 - 13:49Concurso de disfraces
Enviado por laurarialf o Sáb, 03/02/2024 - 14:54Como xa sabedes, o luns comeza o entroido, pero queremos adiantarvos algo do que hai argallado. O Xoves 8 temos...CONCURSO DE DISFRACES! Invitamos a todos aqueles nenos e nenas que queiran participar, a poñer a imaxinación a voar e deleitarnos cos seus disfraces. Como xa sabedes, o xurado (formado por 2 mestras, 2 alumnos/as, 1 representante da ANPA) valorará a vosa creatividade e... Haberá premios para os tres primeiros de cada clase!
Animádevos a participar!
Agardamos con moitas ganas o día!
A pesca by Sebastián Pajariño Lamas
Enviado por josean o Ven, 02/02/2024 - 09:29O maior experto mundial do mundo da pesca do noso colexio tivo a ben expoñer todo o seu coñecemento tanto teórico coma práctico aos alumnos de 5º, que asistiron moi interesados a tan documentada charla, que incluiu ata demostracións prácticas da súa arte cos aparellos.
Unha moi interesante charla que posiblemente creará canteira.
O Lameiriño di...Luns 5
Enviado por laurarialf o Xov, 01/02/2024 - 11:56O Luns comezamos coa semana do entroido e como xa é tradición, cada día o noso Lameiriño daranos instrucións sobre como vimos vir vestido ao colexio! Por aquí vos deixamos as instrucións do luns.
Recordade que cada día, iremos poñendo o que o Lameiriño nos di para o próximo día. Non vos esquezades de pasar pola web!
Os Faros Galegos
Enviado por laurarialf o Xov, 25/01/2024 - 16:52Temos moitos lugares fermosos moi preto de nós aquí en Galicia que descoñecemos. Por iso, Brais e Enzo, dende Audición e Linguaxe, levan todo o trimestre investigando sobre os faros galegos. Neste primeiro vídeo cóntanvos un pouco da historia dos faros, pero proximamente, nos irán presentando faros galegos dignos de coñecer. Agardamos que vos guste!
O NOSO COLE!
Enviado por laurarialf o Mar, 23/01/2024 - 15:29Achégase o momento de elixir cole para o próximo curso. Por iso, dende o noso centro, elaboramos un vídeo para todas aquelas familias que nos queiran coñecer. Agardamos que vos guste!
Vinde a aprender con nós!
O Sequelo cociña...Edición Inverno
Enviado por laurarialf o Xov, 18/01/2024 - 17:41Esta vez os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria traénnos unhas receitas de nadal e inverno con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?
MOITAS GRACIAS A TODOS E TODAS!
Atrapa o Lixo (Xogo sinxelo de Scratch)
Enviado por josean o Mar, 16/01/2024 - 21:00Xogo sinxelo realizado polos alumnos de 4º
Na Residencia do Maior e no Illa de Tambo por Nadal...
Enviado por inesduran o Xov, 28/12/2023 - 20:12O pasado luns, día 18 do mes de Nadal,
un grupo de cantores da clase de Relixión e de 3º de inglés,
fixeron unha visita á Residencia do Maior de Marín.
Despois de mirar o Belén da Residencia
cantaron no Centro Comunitario
para lles desexar unhas boas festas.
onde algúns cursos de Relixión da ESO tiñan preparadas unhas panxoliñas.
Concursos de Nadal do Ateneo
Enviado por inesduran o Dom, 24/12/2023 - 00:47Intercambio de postais
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 15:03Este ano os nenos e nenas de Infantil e Primeiro de Primaria elaboraron unhas postais moi chulas para felicitar o Nadal aos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil O Grupo. A súa vez os alumnos e alumnas de 3º e 4º comezaron un intercambio de postais cos nenos e nenas de 3º do CEIP Plurilingüe do Carballal. Escribíronlle mensaxes tanto en Galego como en Inglés.
Elaboralas foi moi divertido, pero recibir unha postal de parte dos outros nenos e nenas fíxonos moita ilusión!
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 14:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
Os golfiños- Educación Infantil
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 14:31Os nenos e nenas de Infantil estiveron todo o trimestre investigando sobre os golfiños. Agora, que xa son uns expertos e expertas, amósannos algunhas curiosidades sobre estes animais. Como traballaron!
Entrevista na beira III: Montse Ogando
Enviado por josean o Xov, 21/12/2023 - 01:51Pola nosa radio pasa unha mestra que se incorpora este ano ao noso centro é que dá en quinto música e Plástica. Se queredes saber máis dela estade atentos a esta entrevista na beira.
Tarxeta de Nadal Scratch
Enviado por josean o Mér, 20/12/2023 - 22:09Un Feliz Nadal deséxanvos con esta tarxeta dixital feita coa linguaxe de programación Scratch os alumnos de 5º
No GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2023 - 18:31O sequelo cociña...edición Outono
Enviado por laurarialf o Mar, 12/12/2023 - 17:15
Esta vez os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria traénnos unhas receitas do outono con moi boa pinta. Animádesvos a probalas na casa?
Moitas grazas familias!
Concurso de Tarxetas de Nadal
Enviado por inesduran o Mér, 06/12/2023 - 00:13- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »