1º Primaria
FACENDO O MAIO
Enviado por inesduran o Mér, 29/04/2015 - 22:37
Trouxemos fiuncho, laranxas...
Vaciamos ovos e recollimos flores...
Os compañeiros de 2ºB axudando na confección do noso Maio.
Festival de Nadal. 2ºB
Enviado por inesduran o Xov, 25/12/2014 - 23:39POEMA NAVIDEÑO
Os compañeiros de 2ºB
preparados pola tutora Mª Carmen
recitaron un poema de Nadal.
¡FELIZ ANO NOVO!
Festival de Nadal. 2ºA
Enviado por inesduran o Xov, 25/12/2014 - 23:16CAMPANA SOBRE CAMPANA...
Os compañeiros de 2ºA
ensaiados pola profesora Asun,
cantáronnos o coñecido villancico:
CAMPANA SOBRE CAMPANA.
¡ Feliz Nadal!
Actividades Segundo Curso. Primeiro trimestre.
Enviado por Anónimo o Dom, 14/12/2014 - 20:46Un pequeno resumo de todas as actividades nas que participou Segundo Curso ao longo do primeiro trimestre deste curso.
A ESCOLA DO FONDO DO MAR 1º B
Enviado por Anónimo o Lun, 12/05/2014 - 18:43COUSAS DA CLASE E DO COLE
Enviado por josean o Sáb, 26/04/2014 - 21:14Os nenos e nenas de 2º e 1º definiron así algunhas cousas que se poden atopar na clase e no cole, como traballo de expresión oral dentro do Proxecto "40 Anos de Escola". Intentade averigualas.
SAÍDA DO PRIMEIRO CICLO AOS MUIÑOS DO RÍO BAROSA
Enviado por josean o Mér, 26/06/2013 - 14:43Os rapaces do primeiro ciclo visitaron os muiños do Barosa, onde aprenderon de primeira man a rica cultura galega ao redor dos muiños: poemas que realizaron, contos que se contaban mentres se esperaba para moer, cancións, a musica dos muíños que orixinou a muiñeira, a cultura do pan, vocabulario novo ao redor deles (maquia, moa, quenlla....) e moitas mais cousas das que este video é unha modesta testemuña.
TEATRO NAS AULAS
Enviado por josean o Sáb, 22/06/2013 - 16:24Os nenos de 2º A baixo a direción da súa mestra Asun crearon esta pequena dramatización que levaron ao resto das aulas nestes derradeiros días do curso 2012-2013
SAÍDA DIDACTICA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS
Enviado por josean o Xov, 21/06/2012 - 19:57Os nenos do primeiro Ciclo saíron a coñecer o su entorno natural mais cercano tanto no que se refire no aspecto natural como histórico, en con tal fin visitaron o Lago de Castiñeiras onde nace o río que pasa a rentes do noso colexio. Alí ademais de coñecer de primeira man a riqueza natural da paraxe, visitamos a nosa riqueza arqueolóxica; os nenos ficaron extasiados diante da presenza dunhas construcións (como lle explicaron os monitores) mais antiguas cas propias pirámides de Exipto e que os nosos mais antiguos devanceiros construiron para soterrar aos seus mortos.
VISITA AO VALENTÍN PAZ ANDRADE
Enviado por josean o Lun, 11/06/2012 - 22:13No día Mundial dos Océanos era o momento de coñecer lo barco que leva por nome o autor a quen se lle adica este ano O día das Letras Galegas, e os rapaces de segundo pasaron unha mañán moi divertida e aprenderon moitas cousas dentro do navio.
CARLOS FONTES: POEMAS CON PIRULETA
Enviado por josean o Mér, 16/05/2012 - 17:51
O escritor de Vilaboa Carlos Fontes tivo a amabilidade de compartir connosco a mañán do xoves, onde os mais pequenos leron e recitaron poemas do seu primeiro libro "Poemas con Piruleta" e onde ademáis nos presentou en primicia o seu novo libro de Poesía Infantil "Versos en Flor".
Cunha inmensa paciencia foi unha a unha polas catro clases do primeiro Ciclo.
PARTICIPAMOS NO PONTE... NAS ONDAS 2012
Enviado por josean o Sáb, 12/05/2012 - 08:28
Con este video que é un refrito dalgunhas das actividades que vimos realizando durante todo o ano, moitas delas xa verquidas en videos que aproveitamos, é co que participamos no "Ponte nas ondas 2012", que no seu XVIII aniversario ten como lema "Ponte a contar".
"Os xoves do século XXI xa non escoitan no seu entorno familiar, os contos tradicionais que noutro tempo os pais e avós contaban nos momentos de traballo e lecer. Por esta razón, a escola non pode permanecer allea a necesario labor de transmisión dos contos populares ás novas xeracións, facendo novas lecturas e interpretacións das narrativas tradicionais, adaptándoas aos novos tempos coa axuda dos medios audiovisuais."
Construindo Poesía
Enviado por josean o Lun, 26/03/2012 - 19:11A través do amigo Galefas chéganos esta interesante guía metodolóxica realizada polos compañeiros do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, de como traballar a poesía en primaria.
SAÍDA DIDÁCTICA "A PANTASMA DO PALCO"
Enviado por josean o Lun, 26/03/2012 - 08:44Os alumnos do primeiro Ciclo de Primaria acudiron ao Centro Cultural Do Banco NovaCaixaGalicia á representación da obra didáctico-músical "A Pantasma do Palco" e non se conformaron con ser meros espectadores da obra, senón que foron copartícipes da mesma.
ESCOLA DA LAREIRA
Enviado por josean o Mar, 06/03/2012 - 21:51Este espazo na aula de Psicomotricidade, foi concebido como un espazo, onde seguindo o ronsel dos nosos devanceiros, aprender, ensinar, repetir, compartir e socializar a través da oralidade en todalas súas facetas: contos, trabalinguas, adiviñas, refráns... Así mesmo esperamos que sexa un lugar onde toda a Comunidade Educativa do Sequelo poda amosar o seu talento artístico ao carón do lume. e como primeiro exemplo deste espazo cultural e artístico deixamosvos esta sesión de contacontos organizada polos nenos do primeiro Ciclo.
Reseñar co entorno da Lareira surxiu das máxicas mans da profe Asún e a decoración con obxectos propios das cociñas antiguas son un préstamo dalgún pai. Se algún mais se anima estaríamos encantados de contar con algo mais cun tres pes, un aceiteiro e unha ola de barro
Un soño na bandexa
Enviado por josean o Lun, 19/12/2011 - 21:36Esta mañán os nenos de 1º estiveron acompañados de Mariné Lorenzo Corcoba e o seu libro "Un soño na bandexa", libro que está doado a Asociación Contra o Cancro. Mariñé encheu un libro de bos e dulces desexos e os nenos de primeiro encheron tamén a súa propia bandexa.
O que canta o Samaín espanta
Enviado por josean o Mér, 26/10/2011 - 17:50Os compañeiros do Ceip Mestre Goldar xa fai tempo fixeron esta adaptación ao video do tema de Mamá Cabra "Samaín"
E para espantar o medo que mellor que cantar.
Museo Massó
Enviado por Anónimo o Mér, 18/05/2011 - 20:40Hoxe os nen@s de 1º foron de excursión a Bueu o Museo Massó,gustoulles moito sobre todo o planetario,e pasaronno moi ben merendando o aire libre todos xuntos.
Xogamos
Se queres xogar fai clic neste enlace e pásao moi ben:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5