Proposta de traballo con dispositivos móbiles (3º)
Vamos intentar facer a distancia máis pequena cos dispositivos móbiles a través dun traballo voluntario.
Consiste en que cada un de vós faga un pequeno vídeo de entre 20-40 segundos aproximadamente que inclúa: un saúdo, como vos atopades, unha idea de cousas que facer para pasar o tempo na casa e non aburrirnos e unha despedida.
É un traballo en equipo entre nais/pais e fillas/fillos.
@s nen@s deben facer un pequeno guión cos apartados do punto anterior (podedes mandar unha foto do guión ou ben un vídeo explicando o proceso) e dicilo diante da pantalla de memoria, sen papel. Pódese facer cantando, rapeando...
As nais/pais, deben gravar o vídeo e mandalo por correo ou whatsapp. Eu encárgome de montalo e envialo!
DATA LÍMITE ATA O DOMINGO!
PARTICIPADE!
Enviar un comentario novo