Responder ó comentario
A TÉCNICA DO ILUSTRADOR
Enviado por Anónimo o Lun, 15/05/2023 - 10:49O pasado venres, 12 de maio, tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador Víctor Rivas. Desvelounos algún "secretiño" da súa técnica para debuxar os personaxes.
Entre sesión e sesión, asinou os libros que lle levamos algúns das nosas casas e máis os da biblioteca escolar, nomeadamente os de Ledicia Costas: "Esmeraldina, a pequena defunta", "Escarlatina, a cociñeira defunta".
E rematou esta intensa xornada concedéndolle aos alumnos de 6º unha entrevista para Radio Sequelo.
Grazas, Víctor, polo teu tempo e por facernos a lectura máis divertida. Grazas a Bea(Edit. Anaya) por patrocinar este obradoiro.
Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Ramon Pastoriza