Zapatilla por detrás (Música - Ed. Física)
Comezamos a semana, e temos que iniciala con enerxía e moitas ganas de pasalo ben, a proposta para hoxe é de Rodrigo que nos explica un xogo que creo que moitos e moitas coñecedes, neste caso, poderemos xogar, sempre que gardemos a distancia de seguridade, polo que teremos un corro moi grande.
Só precisamos unha zapatilla, que lle poderemos roubar a un ou unha xogadora, ou substituíla por calquera obxecto. Encontrei este vídeo en youtube, pero hai moitos máis, onde varía a canción ou algunha outra norma do xogo.
Esperamos que vos gustara a proposta de hoxe e que nos sigades enviando moitos máis “xogos cantados”.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Rodrigo Luengo_Zapatilla por detrás (1).pdf | 64.91 KB |
Ficha para recollida de xogos cantados (1).pdf | 194.06 KB |
Ficha para recollida de xogos cantados.doc | 37 KB |
Ficha para recollida de xogos cantados.odt | 15.74 KB |
Enviar un comentario novo