ADMISIÓN ALUMNADO E LIBROS DE TEXTO
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS:
PRAZOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PROGRAMA DE GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO
- 1. SOLICITUDES DE ADMISIÓN
- Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado desde o día 11 ata o día 18 de maio de 2020*
- Novos prazos do proceso:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
O proceso levarase a cabo a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/ ou solicitando CITA PREVIA:
- Teléfonos: 886151326/ 886151325
- Correo: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
PROTOCOLOS DE SEGURIDADE:
Para evitar contaxios nas instalacións do centro seguiremos o seguinte protocolo:
- Levar mascarilla.
- Respectar a distancia de seguridade.
- Acudir un só adulto, sen nenos/as.
- Cumprir coas instrucións que figurarán ben visibles na porta principal do edificio: esperar nas zonas sinalizadas ao efecto, nas que dispoñerán de xel de manos, chamar ao timbre e acceder só cando se lles indique.
- 2. LIBROS DE TEXTO
Segundo as informacións das que dispoñemos na actualidade, a partir do 18 de maio de 2020 comezará o prazo para que soliciten a participación no programa de gratuidade de libros de texto.
Enviar un comentario novo