Responder ó comentario
Colexio do Benquerer: comunicación asertiva
Enviado por xose o Xov, 16/03/2023 - 11:28Estes días traballamos nas aulas de 5º e 6º de primaria o tema da comunicación asertiva, dentro do programa de educación afectivo-sexual do Colexio do Benquerer.
Vimos que existen tres estilos básicos de comunicación: agresiva, pasiva e asertiva. O alumnado recoñece que o seu estilo máis frecuente é o estilo agresivo, facilitado polas confianzas que teñen cos seus amigos/as.
Na comunicación asertiva, fundamental para ter novos amigos/as, defendemos os nosos propios dereitos respectando os dereitos dos demais, é dicir, sen ofender nin molestar.
Na imaxe seguinte vemos os cinco pasos básicos que podemos seguir para intentar manter unha comunicación asertiva, e saber dicir que NON, sen que o interlocutor se sinta ofendido.