Responder ó comentario
LETRAS GALEGAS-2021. DIVERTIDA SESIÓN DE CONTOS CON BENXAMÍN MÍGUEZ
Enviado por Anónimo o Xov, 20/05/2021 - 22:31Na SEMANA DAS LETRAS GALEGAS hoxe os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º pasámolo estupendamente escoitando os contos que nos trouxo Benxamín Míguez. Entre outras, ofreceunos a verdadeira historia do Ratiño Pérez. Ademais, tamén ilustrou "en vivo e en directo" estas historias cuns debuxos ben simpáticos, e mesmo algúns tiveron a sorte de que os retratase no mural.