blogue deBelen
Primeiro día sin tapabocas no pavillón!
Enviado por Belen o Mér, 20/04/2022 - 22:34Mostro esta fotografía dos nenos e nenas de 2ºA, onde se pode observar o sonriso e alegría que tanto taparon dende que este virus chegou a nós. Desexo que esta alegría sexa para sempre, gozaron mais ca nunca, sobre todo, non se cansaron tanto e poideron respirar sin pedirme permiso (que me rompían o corazón cada vez que mo pedían). Desexo que este paso sexa para sempre e non volver xamais atrás!
Atletismo en pista
Enviado por Belen o Mar, 08/02/2022 - 17:37ESTA MAÑÁ OS NENOS/AS DE 5º CURSO, POIDERON PRACTICAR ATLETISMO EN PISTA NO CAMPO DE SAN PEDRO: LANZAMENTO DE VÓRTEX, LANZAMENTO DE PESO, SALTO DE LONXITUDE, RELEVOS, CARREIRA DE 500 M E DE 60 M.
ESTA SAÍDA FOI POSIBLE GRAZAS Ó PROGRAMA XOGADE DO PLAN PROXECTA.
Froita e leite nos recreos
Enviado por Belen o Lun, 17/01/2022 - 14:08HOXE COMEZAMOS CO REPARTO DA FROITA, ATA O VENRES 28 DESTE MES.
OS LUNS: MANDARINA.
OS MARTES: PERA.
OS MÉRCORES: PLÁTANO.
OS XOVES: MAZÁ.
OS VENRES: LARANXA.
Paratriatlón!
Enviado por Belen o Ven, 10/12/2021 - 23:15Este ano quixemos imitar á paralímpica galega Susana Rodríguez, xa que veu de convidada á carreira Pinga Pinga o pasado mes de outubro.
As condicións climatolóxicas non nos deixaron moito tempo pero pasamos unha experiencia única e moi divertida, a pesares das limitacións visuais.
Parabéns a todos/as e moitas grazas por facer posible esta xornada.
Dende o CEP SEQUELO, desexámoslle moita sorte a Susana Rodríguez que deixa Galicia para ir a outra comunidade autónoma onde o paratriatlon e as categorías menores teñan o sitio que merecen!
Xornada de mobilidade en bicicleta
Enviado por Belen o Mér, 03/11/2021 - 15:23O pasado luns celebramos no colexio unhas xornadas de mobilidade en bicicleta, grazas á Policía Local e voluntarios de Protección Civil. Despois dunha charla e un pequeno circuito para facer coas bicicletas puidemos saír fóra do recinto e demos un paseo en bicicleta.
Recordemos e practiquemos as normas de educación vial na bicicleta e vide áo cole en bici, que hai aparcabicis!
Aquí vos deixo un pequeno vídeo.
Entrevista a Susana Rodríguez
Enviado por Belen o Sáb, 30/10/2021 - 12:06O pasado 20 de outubro celebrouse a XI Carreira Pinga Pinga 2021. Como convidada, grazas á Organización, foi a médica e paralímpica española Susana Rodríguez. Sufre unha discapacidade visual debido á súa condición de albina, as súas limitacións nunca foron un impedimento para intentar superar as súas metas: "Sempre o intentaba ata que podía facelo tamén, sin ningunha axuda".
En Tokio ganou a Medalla de ouro en triatlón e o diploma en atletismo, ao quedar quinta.
Esta entrevista fixéronlla unhas nenas de 6º curso, despois de superar un proceso de selección e grazas ao mestre Xosé Antonio, dúas alumnas súas e á Anpa do Sequelo.
EQUIPACIÓN PARA EDUCACIÓN FÍSICA
Enviado por Belen o Mar, 07/09/2021 - 15:13ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Estimadas familias:
Como sabedes, cada grupo-aula terá 2 sesións semanais de Educación Física.
Estes dous días será necesario que o/a neno/a traia á escola, para poder realizar as sesións, o seguinte material:
-
Roupa deportiva:
-
Chándal, mallas, camiseta,… cómodos.
-
Evitar prendedores no pelo e colgantes cos que se poidan mancar. O pelo longo debe estar recollido cunha goma.
-
-
Calzado deportivo:
-
Calzado deportivo cómodo. De ser posible con velcro, sobre todo no caso de non saber atar os cordóns.
-
Os días de choiva, que iremos ó pavillón deberán traer outro par de zapatillas ou tenis secos e así evitar riscos innecesarios (esvaróns, caídas, golpes,…) e para non raialo nin estragalo.
-
-
Unha mochila ou similar con:
-
Seguindo as Instrucións do Protocolo de adaptación a COVID-19, o uso da máscara será obrigatorio tamén durante as sesións de Educación Física. De maneira opcional, poderase traer unha máscara a maiores para o seu cambio logo das sesións de Educación Física.
-
Toalla pequena para secar a suor ó rematar as sesións de Educación Física.
-
Una botella de auga, xa que é recomendable beber antes, durante e despois das sesións de Educación Física, evitando a deshidratación.
-
Unha viseira, para protexer a vista e a cara do sol, cando as sesións se realicen nas pistas exteriores.
-
Para evitar riscos de contaxio e en cumprimento das normas de seguridade ditadas no Protocolo de adaptación a COVID-19, debido a que actualmente está prohibido utilizar os vestiarios do pavillón municipal, vémonos na obriga de suspender (mentres a situación actual da pandemia o requira) a muda de camiseta despois das sesións de Educación Física.
-
Deste xeito, só se mudará a camiseta en casos excepcionais.
Aínda que o exercicio físico que se practica nas sesións de Educación Física non é de alta intensidade e está adaptado ás capacidades das alumnas e dos alumnos, é importante que a mestra de Educación Física teña coñecemento e estea informada das lesións ou enfermidades que poidan sufrir as nenas e nenos, co fin de evitar actuacións pouco axeitadas e procurar a súa recuperación.
Deste xeito, será imprescindible comunicar as posibles doenzas que poidan sufrir os seus fillos/as, xa sexa de tipo cardiovascular, alerxias, dificultades respiratorias, etc. Nestes supostos, sería aconsellable facernos chegar as recomendacións médicas para a práctica de exercicio físico.
Toda información que nos faciliten será tratada de xeito totalmente confidencial, tal e como se dita na Lei de Protección de Datos e no Protocolo de Protección de Datos editado pola Xunta de Galicia, sendo tratados sómente para os fins anteriormente expostos.
Póñome a súa disposición para aclarar calquera dúbida. Moitas gracias pola colaboración.
Un saúdo cordial,
Ana Belén Mata Vidal
Unha planta de perixel para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente!
Enviado por Belen o Ven, 04/06/2021 - 21:56A coidar moito a planta e a seguir plantando, polo noso ben e polo noso planeta Terra!
|
Carreira escolar de Campo a través- 3º curso
Enviado por Belen o Mér, 19/02/2020 - 14:28O pasado xoves 23 de xaneiro, os "atletas" do 3º curso foron á carreira de Campo a través, a Portas. Correron por cursos, había mais de 10 colexios, e resultaron ganadoras Noa (1ª ) e Valeria (2ª) !
Correron moi ben e Uxía demostrou o valor da amizade coa súa amiga Aitana, que caeu e axudoulle a levantarse, mentras os demais lle pasaban por diante! Eso sí, que é ser unha boa amiga! Esperemos que sirva de exemplo para todos e todas!
Noraboa campionas!!
Deixo o enlace para que vexades as imaxes da carreira.
Campionato Provincial de Campo a través (parque de Castrelos)
Enviado por Belen o Dom, 02/02/2020 - 08:54
Onte pola mañá acompañei ao parque de Castrelos, Vigo, a 20 alumnos/as, de 2º a 6º de Primaria que quedaron entre os 10 primeiros na carreira de Campo a través, celebrada en Marín o pasado 23 de xaneiro.
Pavillón decorado para a visita dos futuros alumnos/as!
Enviado por Belen o Dom, 02/02/2020 - 08:17Este venres os alumnos e alumnas de 4ºA, decoraron o pavillón con material de Educación Física, para que os nenos e nenas da EEI O Grupo e Nosa Señora do Carme, que viñeron a visitarnos, poidesen xogar.
Deixárono moi bonito!, como mostran estas fotos:
Educación Física para a Paz
Enviado por Belen o Xov, 30/01/2020 - 19:53Dende a área de Educación Física, esta semana estamos disfrutando con xogos cooperativos con motivo do Día da Paz e a Non Violencia.
Deixamos algunhas imaxes.
FROITA NO RECREO!
Enviado por Belen o Mar, 28/01/2020 - 18:05Durante esta semana e a próxima teremos froita no recreo!
De todos e todas é sabido que nos aportan auga, vitaminas, minerais, fibra e diferentes compostos beneficiosos para o organismo. Cada vez é menos frecuente ver aos nenos e nenas merendar froita nos recreos!
As quendas son:
Luns: pera.
Martes: mazá.
Mércores: plátano.
Xoves: fresa ou froitos vermellos.
Venres: mandarina.
Grazas á axuda do FOGGA e Froitas Moncho que a reparte.
Carreira de campo a través
Enviado por Belen o Mar, 28/01/2020 - 17:56Este xoves pasado os nenos e nenas de 2º a 6º curso, tiveron a oportunidade de correr cos compañeiros/as dos colexios veciños. Pasaron 22 "atletas" para participar no campionato Provincial que se celebrará este sábado, 1 de febreiro, no parque de Castrelos (Vigo).
Noraboa a todos e todas polo esforzo e interese mostrado, a pesares de que se aplazou por mor do tempo, varias veces.
Deixo este vídeo que amosa algunhas das imaxes desta carreira.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »