EDLG

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Día contra a Violencia de Xénero

Celebramos o Día contra a Violencia de Xénero creando cada clase un lema que xuntamos facendo un gran lazo morado, diante do cal o alumnado de Sexto curso leu un manifesto.

OS CORTICEIROS DO MEL

Os corticeiros antigamente usábanse para facer o mel.  Facíase coa árbore corticeira, e podían ser redondos ou cadrados.  Pousábanse enriba dunha pedra e poñíanselle catro paus, dous en forma de cruz da metade para abaixo e dous da metade para arriba. Facíase tamén un burato nun lateral para que entrasen as abellas.

As abellas poñían a cera de pau a pau e logo o mel enriba da cera.  Cando ían sacar o mel, a xente dáballe fume ao redor da corticeira para parvear ás abellas.

As abellas facían catro paneis e sacábanse só tres para que a cuarta a tivesen de comida para o inverno.

Damián Otero Villanueva 6º B

"A casa embruxada" conto terrorífico de 1º curso

O alumnado de 1º curso inventamos un conto no que aos protagonistas, Noa e Marcos, sucédenlle moitas cousas cando están paseando preto do río Lameira: Atopan un pirata, entran nunha casa embruxada, a bruxa invítaos a té con pastas... Será todo isto certo? Para averigualo teredes que ver a nosa representación.

"Unha noite de Samaín" conto terrorífico de 2º curso

O alumnado de segundo curso inventamos un conto terrorífico que ao final resultou ser un mal soño na noite de Samaín, pero... Que medo pasou o protagonista, Martiño!!!

"A clase encantada dos 18 nenos" conto terrorífico de 4ºA

O alumnado de 4ºA fixemos un conto que se desenvolve no noso colexio e do que somos protagonistas todos os nenos da clase, que temos que artellar un plan para salvar á mestra... De que ou de quen? Conseguirémolo?... Só vendo a nosa representación o descubriredes.

"O vello muíño" conto terrorífico de 4ºB

O alumnado de 4ºB creamos un conto que se desenvolve nun muíño, uns nenos perdidos no bosque atopan un muíño donde refuxiarse, pero... Que pasará alí? Non deixedes de ver a nosa representación se queredes averigualo.

"Clara" conto terrorífico de 6ºA

O alumnado de 6ºA creamos polo Samaín un conto terrorífico que se desenvolve en Marín, no río Lameira, camiño do colexio; aquí vos queda, seguro que pasades moito medo cando o vexades.

AS PALMEIRAS

Antes de estudar os problemas que están tendo as nosas palmeiras, buscamos na rede toda a información que puidemos topar sobre elas:  reprodución, tipos, función que realizan, froitos, flores....

S.O.S. PALMEIRAS EN PERIGO

Desde hai uns anos as palmeiras están sufrindo a peste dun insecto que podería terminar nun curto espazo de tempo con elas.
 
Neste caso, o diaño é un escaravello que na súa fase adulta pode medir entre dous e cinco centímetros;  vermello, con ás raiadas en negro, que vive e se alimenta dentro da base das follas das palmeiras.
 
Podedes observar o insecto en diferentes fases do seu crecemento:  ovo, larva, pupa, capullo e adulto e xa como un escaravello pode voar ata un radio de tres quilómetros para que a peste se estenda con moita facilidade.  O problema agravouse aínda máis porque teñen moitas crías e pode ter ata tres xeracións ao ano.
Hai palmeiras femias e machos.  As últimas teñen a copa máis compacta e esmagada e aparecen comprimidas cara ao eixe vertical;  as femias, son máis abertas e redondeadas ademais de dar flores e froitos. O besouro ataca principalmente aos machos por ser máis tenros e máis doados de perforar.
 
Pódese notar que a palmeira se atopa infectada se se nota un colapso xeral da coroa de follas e se as follas do penacho central van perdendo verdor e pasando ao amarelo.
 
A palmeira sufre danos principalmente polas larvas do picudo vermello porque se cría dentro da palmeira e parcialmente se alimenta das partes mais tenras da palmeira.  Entón fai que a palmeira morra.
 
 
 
O maior problema é que os síntomas se detectan demasiado tarde e cando aparecen adoitan ser tan severos que a palmeira acaba morrendo. É triste ver que o principal factor no desenvolvemento da peste foi a acción do home que, ao transportar plantas infectadas, abriu a posibilidade ao pequeno insecto de conquistar novos territorios.
 
A palma canaria e a palmeira son plantas cun crecemento relativamente lento, tardan case 50 anos en crecer seis ou sete metros e o picudo vermello pode matalos todos en poucos anos, polo que debemos poñer todos os medios necesarios nesta guerra contra o malvado insecto.
 
 
Traballo feito por Lucas Gomis Domínguez e Nayara Ubeira González 6º B

COMEZAMOS O CURSO CON HUMOR

Unha forma diferente de empezar o curso, botándolle humor á cousa.

O Mundo quere poesía

"O Mundo quere Poesía" é un pequeno resumo do traballo realizado nestes dous últimos anos nas aulas de 6º no eido da escrita creativa, e máis concretamente na poesía

Flamenco

Elas o escribiron, elas o adaptaron e finalmente elas o cantaron por bulerías, co que grabalo en vídeo era inevitable

Flamenco de Melani Montoya Motos e Priscila Montoya Jiménez de 6º B

Barco "Remedios e San Miguel" 2018

Este ano en colaboración co "Museo do Mar de Marín" baixamos cunha nova embarcación, á que batizamos como "Remedios e San Miguel".  O barco deixóunolo o Museo a través dun señor de 93 anos, Antonio Rodríguez Rodríguez, que nos contou que el tamén fora nos maios e que tamén fora o seu pai.

 

 

 

Embarcación Xiana 2018

O 1 de maio do ano pasado, xa baixamos cun maio e un barco. Eu estaba no maio con meu amigo Victor e Fran. Eramos os mais pequenos pero fomos os que mais coplas vendimos...Ben, o que vendeu mais coplas foi Fran. Logo as 12 cantamos e pola tarde fixémolo no concurso.  Gañamos os 3 premios

Este ano, cando chegamos a alameda, o primeiro que fixemos foi coller as coplas que estaban debaixo do noso barco, e fomos vendelas.  A uns déronlle moito diñeiro como a Miguel 5 € por unha soa copla, pero a outros déronlle pouco coma min que un me deu 6 céntimos por unha copla.

Ao chegar as 12h cantamos para o público.

Logo, pola tarde, estiven xogando ao fútbol cos meus amigos dos maios e a outra embarcación do CEP SEQUELO.  Cando chegaron as 17:30 h cántamos para os xuíces e unha hora máis tarde gañamos moitos premios, e comemos rosca con chocolate.

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva- Noé González Soage 6º B

Un maio faise así

Un maio faise así con margaridas, pampullos, ovos, laranxas do pó, limóns, fiuncho, espadaina.... e coa colaboración da nosa estupenda ANPA, de pais de exalumnos que quixeron estar connosco, con moitos pais de alumnos que viñeron, con xentes doutras ANPAS (a do Grupo) que viñeron a ver como se facía para eles facelo logo, con mestres que ese día fomos un máis á hora de elaborar o maio; e con alumnos que nos ratos libres dabanlle unha patada ao balón, mais estaban ali

Así todos xuntos dedicamos unha tarde das nosas vidas a ser parte dun engranaxe de Transmisión e  Tradición que se perde nos tempos, e no que mentres podamos temos a obriga de ser parte.  

E por fin ás 12 da noite tiñamos o noso maio coroado.

Ao día seguinte listo para saír cara a Marín desexando non ter os percances do ano pasado

 

Construción do Maio

Uns días antes do 1 de Maio, os nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, puxémonos a coser os distintos materiais:  margaridas, fiúncho, espadaina, limóns, laranxas, calas .....  .

Tamén logo baixaron os nenos máis pequenos e todos fixeron algo, uns cortaron os rabos dos pampullos, outros coséronos.....

O día 27 tres nais do ANPA estiverono vestindo na sala de psicomotricidade con todo o que deixaramos preparado.  E o resultado final foi este:

Unha dorna de libros 2018

Alumnos premiados na categoría de primaria no certame de relato curto promovido pola asociación de Mulleres "Intercambio do Saber".  Saul Mariño Recamán e Noelia Iglesias Rodríguez 

Visítanos un pai

Veu un pai que se chama Damián a contarnos como facía el para escribir relatos curtos . Trouxo un relato curto que foi o primeiro que fixo, e leuno; logo explicounos de que ía. Trataba un pouco da súa vida, e outro pouco de fantasía, tamén dixo que cada relato curto que facía tardaba un 1 mes. Díxonos que o máximo que lle deran foron 420 euros, despois empezamos coas preguntas e todo o que respondía tiña lóxica. E para rematar todos aplaudimos.  

 

 

 

Feito por Manuel Santiago Villanueva 

Rosas na xanela 2

Entroido 2018. XIV Obradoiro da Filloa

Un ano máis chegou o Entroido e con el o noso tradicional "Obradoiro da Filloa", na súa edición nº XIV.  
Así foi como o celebramos o pasado día 8, con doces, concurso de disfraces e moita troula.
Noraboa aos premiados no concurso de disfraces e tamén aos que non o foron polo seu esforzo e participación.
Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.