1º Primaria
Noel vai de vendima
Enviado por Anónimo o Ven, 08/11/2019 - 20:25QUE XENIAL IDEA A DE APROVEITAR DIFERENTES FROITOS DE OUTONO PARA INVENTAR HISTORIAS. ASÍ PODEMOS PROBAR UN POUCO DE TODO E NON SÓ CASTAÑAS SENÓN TAMÉN NOCES, MAZÁNS, MANDARINAS OU UVAS.
OS DE PRIMEIRO INVENTAMOS UN CONTO NO QUE O PROTAGONISTA É UN NENO, NOEL, QUE VAI DE VENDIMA, É DECIR, VAI Á VIÑA COLLER UVAS COS SEUS PAIS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS A PORTADA E O EMPEZO DO MESMO. A VER SE VOS GUSTA!!
Facendo compost
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/10/2019 - 01:16
Os alumnos de 5º fixéronlles unha interesante presentación aos alumnos de 1º e 2º sobre a elaboración do COMPOST ou abono orgánico. Dende a vindeira semana vaise instalar no patio pequeno un contedor para restos orgánicos. Deste xeito poden ser aproveitados para o composteiro. Reducindo lixo e reciclándoo nun novo material axudamos a protexer o noso MEDIO AMBIENTE.
Reduce! REUTILIZA! Recicla!
Contos de medo
Enviado por Anónimo o Mar, 22/10/2019 - 23:59Os alumnos de 1º e 2º encetamos a xeira de CONTOS DE MEDO coa que nos achegamos ás datas do Samaín. A "teacher" Vanesa coutounos unha terrorífica historia.
Viaxe ao reino das emocións
Enviado por Anónimo o Ven, 18/10/2019 - 00:02Este ano os alumnos de 1º curso estamos a traballar coas EMOCIÓNS. Participamos no proxecto "Viaxe ao reino das emocións". Esta semana estivemos escoitando e pensando sobre un conto no que o protagonista é un simpático dragón, DRACO. Despois fixemos uns monicreques para representar o conto.
Educación emocional en 1º curso
Enviado por xose o Mar, 09/04/2019 - 18:50Neste curso 2018-2019 estamos levando a cabo o proxecto "Viaxe ao reino das emocións" no primeiro curso de primaria. Xa fixemos actividades como As Preguntas do Sabio ou A Caixa da Calma, e máis que faremos nos vindeiros días.
Mañá de actividades extraescolares en Afundación. Primeiro e segundo cursos.
Enviado por Anónimo o Xov, 28/02/2019 - 23:28O pasado martes o alumnado de primeiro e segundo asistimos a varias actividades extraescolares levadas a cabo por Afundación. A primeira delas foi un concerto didáctico a cargo de Mamá Cabra "Eu cociño, ti cociñas?", no que a través da música amosábase a riqueza e a importancia da alimentación e da cociña. Despois de facer un pequeno descanso para merendar, asistimos a un "Obradoiro de Entroido" no que nos contaron varias historias sobre o loro Ravachol, protagonista do Entroido de Pontevedra, e tamén fixemos máscaras.
Primeiro curso traballa con Legos
Enviado por xose o Mar, 12/02/2019 - 22:02O grupo de 1º curso de primaria traballou hoxe cos kits de máquinas simples de Lego, que nos remitiu a Consellería dentro do programa de Robótica.
Este kit permite construír e coñecer o funcionamento básico de máquinas simples como son as engranaxes, as rodas e eixes, as poleas e as pancas.
Formamos na aula 5 equipos. Nomeamos un secretario/a en cada equipo. Logo de repartir os kits puxémonos mans á obra e o secretario/a cumprimentou a folla de observación do modelo construído coa axuda dos compañeiros/as.
Nesta primeira primeira sesión iniciamos a unidade das engranaxes, que son rodas con dentes que xiran e transmiten o movemento dunhas a outras. Sabemos que por exemplo as bicis, os reloxos analóxicos, os motores, etc. teñen engranaxes, e que estas poden ser de diferentes tamaños, con moitos dentes ou poucos dentes.
Para rematar tivemos uns minutos de xogo libre. Todos quedamos encantados coa actividade, pois gústannos moito os Legos, e para a semana repetimos!
O RoubaNadal
Enviado por josean o Mér, 05/12/2018 - 19:30Baixo a supervisión de Tomás Guerreiro de 6º B outro grupo de 1º realizou estoutra "antipostal de Nadal".
"A casa embruxada" conto terrorífico de 1º curso
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 22:55O alumnado de 1º curso inventamos un conto no que aos protagonistas, Noa e Marcos, sucédenlle moitas cousas cando están paseando preto do río Lameira: Atopan un pirata, entran nunha casa embruxada, a bruxa invítaos a té con pastas... Será todo isto certo? Para averigualo teredes que ver a nosa representación.
Movemento
Enviado por josean o Mér, 03/10/2018 - 18:45Primeiro traballo realizado polos nenos de 1º no Taller de Scratch baixo a titoria de Miriam Montoya
O alumnado de primeiro traballando co Blue Bot
Enviado por Anónimo o Mér, 30/05/2018 - 21:45O alumnado do primeiro curso traballando o alfabeto co Blue Bot.
VISITA AOS BOMBEIROS DE PONTEVEDRA
Enviado por Belen o Mar, 20/03/2018 - 13:23No mes de xaneiro os nenos e nenas de 1º curso fomos a Pontevedra a pasar unha mañá cos bombeiros. Gustounos moito e aprendemos mais do que pensabamos.
Peceira
Enviado por josean o Ven, 12/01/2018 - 12:36Os nenos de 1º levaron a cabo esta pequena peceira onde os peixes rebotan contra as paredes
Aprendemos e xogamos. Primeiro curso.
Enviado por Anónimo o Sáb, 24/06/2017 - 23:08Aquí queda unha mostra das moitas actividades que realizou o alumnado de primeiro neste curso. Clicando sobre as imaxes podedes ver os videos.
Espectáculo musical de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz". Primeiro e segundo.
Enviado por Anónimo o Sáb, 08/04/2017 - 17:48SAÍDA DIDACTICA AO ZOO DA MADROA
Enviado por josean o Dom, 14/06/2015 - 17:04Os máis pequenos do colexio visitaron as instalacións do zoo da Madroa, onde seica o que máis lles gustou foron "os tigres e leóns", e polo que se ve o parque. Premede na foto para aceder á galería
FACENDO O MAIO
Enviado por inesduran o Mér, 29/04/2015 - 23:37
Trouxemos fiuncho, laranxas...
Vaciamos ovos e recollimos flores...
Os compañeiros de 2ºB axudando na confección do noso Maio.
Festival de Nadal. 2ºB
Enviado por inesduran o Ven, 26/12/2014 - 00:39POEMA NAVIDEÑO
Os compañeiros de 2ºB
preparados pola tutora Mª Carmen
recitaron un poema de Nadal.
¡FELIZ ANO NOVO!