Día Mundial da Poesía 2012
Coa chegada da Primavera o Sequelo encheuse de poesía por todolos recunchos, non pode ser menos nun espazo natural tan fermoso, arrodeado por ríos e co fondo dos montes do Morrazo. Dentro das aulas oironse versos de autores famosos e outros realizados coa sinxeleza e a mestría que so os nenos teñen. Como exemplos deixamosvos este enlace ao blog dos nenos de 2º
http://osghatosmisteriosos.blogspot.com.es/2012/03/dia-mundial-da-poesia.html e axiña vos poñeremos o enlace ao blog dos nenos de cuarto, onde poderedes ver os seus marabillosos traballos dese día.
Mentres tanto para que vaiades abrindo boca imos ao comezo da nosa poesía, as Cantigas de Amigo Medievais, nunha fermosisíma versión da cantante brasileira Socorro Lira sobre a famosa Cantiga de Mendiño situada na illa de San Simón, que a fin e ao cabo tamén son a orixe da poesía brasileira
São Simão - Socorro Lira - Cores do Atlântico from Casa de Tolos on Vimeo.
Enviar un comentario novo