ESCOLA DA LAREIRA
Este espazo na aula de Psicomotricidade, foi concebido como un espazo, onde seguindo o ronsel dos nosos devanceiros, aprender, ensinar, repetir, compartir e socializar a través da oralidade en todalas súas facetas: contos, trabalinguas, adiviñas, refráns... Así mesmo esperamos que sexa un lugar onde toda a Comunidade Educativa do Sequelo poda amosar o seu talento artístico ao carón do lume. e como primeiro exemplo deste espazo cultural e artístico deixamosvos esta sesión de contacontos organizada polos nenos do primeiro Ciclo.
Reseñar co entorno da Lareira surxiu das máxicas mans da profe Asún e a decoración con obxectos propios das cociñas antiguas son un préstamo dalgún pai. Se algún mais se anima estaríamos encantados de contar con algo mais cun tres pes, un aceiteiro e unha ola de barro
Enviar un comentario novo