Reto 12: Move articulacións como facemos en clase
Bos días,
Hoxe toca repasar articulacións, encontrei unha actividade que me gustou para traballar articulacións, osos, partes do corpo,…
Envío o modelo, pero podedes modificalo, eu na casa hoxe non teño tantas pastas diferentes para facelo igual, pero podedes empregar a vosa imaxinación, o que propoño é que fagades o esqueleto, sinaledes nel todo o que sexades capaces de identificar, por suposto non vou dar pistas, eu espero ter o meu rematado pronto e poder ensinárvolo.
E para terminar un pouco de actividade física, recordarvos que os exercicios de mobilidade articular están a moita velocidade para que o vídeo sexa máis fácil de cargar, pero teredes que facelos como na clase, contando ata 10 e a unha velocidade baixa, para que non sexa prexudicial.
A primeira actividade é de saltos, adiante, atrás, laterais,…
Toca elevación, podemos ir aumentando a dificultade 3 series de 5 elevacións para os máis pequenos ata chegar o que nos indican no vídeo de 3 series de 12 elevacións, faremos un descanso entre serie e serie de 10 segundos.
Traballo de tesoiras laterais con cada perna 12 repeticións e 10 segundos de descanso entre cada repetición.
A rodar.
Na actividade de saltos con fonemas podemos variar: os fonemas (poden ser de m, p, r,…), números, para que identifiquen, que sexan pares e impares, con sumas e restas, a táboa de multiplicar,… podedes ir complicando a actividade como desexedes, posiblemente non poidades debuxar no chan, facede os números ou fonemas en papel e suxeitádeo con cinta.
Lanzamento e recepción, eu non teño pelotas de ping-pong na casa, polo que modifiquei a actividade a hora de realizala e lanzaba unha saltarina e recollía cunha botella de plástico, podedes facer os lanzamentos con diferentes pelotas e lugares de recepción (caixas, cestas, panos, ….).
Pranchas con brazos estendidos 3 series de 5 segundos, e iremos pouco a pouco aumentando cada día para chegar a que nos indican no vídeo. Prancha abrindo e cerrando pernas, 3 series de 5 repeticións con 10 segundos de descanso (aumentaredes a vosa vontade) e escaladas 3 series de 5 repeticións, aumentando ata chegar as tres series de 15 repeticións.
Sentadillas, vamos empezar con tres series de 5 segundos apoiados/as na parede e 10 repeticións con 10 segundos de descanso entre serie e serie. Lembrade cando realicedes a actividade que a separación entre os pés ten que ser similar a separación que temos entre ombreiro e ombreiro.
Para terminar realizade os exercicios de estiramentos que aparecen ao final do vídeo.
Enviádeme as vosas creacións a profetamaraef@gmail.com
Enviar un comentario novo